Page 42 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 42
O persoal funcionario de carreira do corpo de mestres ou do corpo para extinguir de
profesores técnicos de formación profesional, ou do corpo de profesores especialis-
tas de sectores singulares da formación profesional que accedese ao corpo de profe-
sores de ensino secundario, se pide a excedencia no corpo de profesores de ensino
secundario, pode participar no concurso de traslados por este corpo?
Si. Pode participar no concurso de traslados desde a situación de excedencia por
prestación de servizos no sector público.
No caso anterior, e para os efectos do concurso de traslados, cales son as vantaxes e
os inconvenientes de pedir a excedencia no corpo de profesores de ensino secundario?
As vantaxes son que, despois do primeiro concurso, se participa con puntuación e
non con cero puntos.
O inconveniente máis importante é que, por cada ano en excedencia voluntaria no
corpo de profesores de ensino secundario, acumularemos unha puntuación de 0,75
por servizos prestados noutros corpos de subgrupo inferior, mentres que o persoal
que estea na situación de servizo activo acumulará 2 puntos.
Unha persoa funcionaria de carreira docente estivo cinco anos de provisional. Obtivo
praza definitiva no centro A, no que estivo sete anos. Posteriormente trasladouse a B,
no que leva catro anos. É suprimida neste centro. Con cantos anos de permanencia
ininterrompida participará no concurso de traslados?
Considérase centro desde o que participa o último servido con carácter definitivo, aos
que se acumularán, se é o caso, os prestados provisionalmente, con posterioridade,
en calquera centro. Asemade, acumularanse ao centro de procedencia os servizos
prestados con carácter definitivo no centro inmediatamente anterior ao último ser-
vido con carácter definitivo. Polo tanto, haberá que acumular os sete anos que estivo
no centro A máis os catro do centro B, en total 11 anos de permanencia ininterrompida
para os efectos do concurso de traslados.
No caso anterior, acumulará a puntuación por cada ano de provisional con carácter
previo á obtención do seu primeiro destino definitivo?
Non. O Real decreto 1364/2010, do 29 de outubro, establece que o persoal que participe
con carácter voluntario desde o seu primeiro destino definitivo obtido por concurso, á
puntuación correspondente á subepígrafe 1.1.1 sumaráselle a obtida polo subapartado
1.1.2. Unha vez obtido un novo destino non poderá acumularse esta puntuación.
A persoa do suposto foi suprimida no seu segundo destino definitivo.
Se, demais, a persoa funcionaria do suposto anterior, posteriormente á supresión,
levase tres anos con destino provisional, con que puntuación participará no concurso
de traslados no apartado de permanencia ininterrompida?
Coa correspondente a 14 anos de permanencia ininterrompida.
40