Page 44 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 44

CONCURSO DE TRASLADOS ESPECÍFICO
           ENTRE PERSOAL FUNCIONARIO DOCENTE DO CORPO DE MESTRES PARA
           CUBRIR PRAZAS DE XEFATURA DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN.
           CÓDIGO DE PROCEDEMENTO ED013A



          É obrigatorio presentar a solicitude electronicamente?

               Si. A orde de convocatoria deste procedemento establece que a solicitude de par-
               ticipación no concurso específico se presentará por medios electrónicos na sede
               electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) no procedemento normali-
               zado ED013A.

          Teño que presentar algunha documentación?

               Non, a convocatoria non permite presentar documentación neste procedemento.
               Para o caso de que precise actualizar e/ou modificar o seu expediente persoal para
               que se baremen estes méritos no concurso específico debe achegar esta documen-
               tación coa solicitude do procedemento normalizado ED011A.
               Polo tanto, terá que presentar na sede electrónica dúas solicitudes:
               a)  solicitude de concurso específico ED013A (sen achegar ningunha documentación
                 adicional á solicitude)
               b)  solicitude de actualización e/ou modificación do expediente persoal (achegará
                 con esta solicitude toda a documentación xustificativa dos méritos que alegue e/
                 ou modifique).


          Teño que presentar o baremo que se xera xunto coa solicitude do concurso de traslados?
               Non, só é preciso a presentación electrónica da solicitude de participación no con-
               curso de traslados.


          Presentei a solicitude de actualización e/ou modificación do meu expediente persoal
          mediante o procedemento normalizado ED011A e decateime de que non aleguei un
          mérito. Como podo solucionalo?

               Neste caso deberá proceder a formular unha nova solicitude ED011A, pero deberá
               realizar unha copia da última solicitude presentada (esta opción está dispoñible na
               aplicación web).
               Unha vez copiada a última solicitude, pode alegar o novo mérito e achegar a docu-
               mentación xustificativa.
               A convocatoria establece que só se terá en conta a última solicitude presentada na sede
               electrónica da Xunta de Galicia, de xeito que, se presenta dúas solicitudes con dife-
               rentes méritos, só se empregaría para a baremación do concurso a última presentada.


                                          42
   39   40   41   42   43   44   45   46   47   48   49