Page 39 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 39
No caso anterior, se non existisen outros centros na localidade, non poderá exercer
o dereito preferente?
Si, farao aos centros da localidade na que fose escolarizado o alumnado.
De exercer o dereito preferente, é obrigatorio facelo tamén á zona?
Non.
No caso de exercer o dereito preferente á zona, é obrigatorio facelo a todas as localidades
da zona?
Non. Pode facerse con carácter voluntario a unha ou máis localidades da zona.
Se se exerce o dereito preferente á zona educativa, é obrigatorio facelo en primeiro
lugar á localidade de dereito preferente?
Non. Neste suposto pode priorizarse no apartado de peticións as localidades da zona
sobre a que lle acredita o dereito preferente.
O persoal que sexa nomeado funcionario de carreira por acceder ao corpo correspon-
dente no concurso de méritos de estabilización de emprego temporal participará no
primeiro concurso de traslados con cero puntos?
Non. Participará con puntuación porque non hai fase de prácticas, así que participarán
xa coa condición de funcionarios de carreira.
O persoal docente suprimido ou desprazado por falta de horario que exerza o dereito
preferente pode ser destinado de oficio transcorridas seis convocatorias?
Non. O artigo 8.4 do Decreto 140/2006, do 31 de agosto, establece que “aos que,
cumprindo coa obriga de concursar, exerzan o dereito preferente non lles será adxu-
dicado destino de oficio. Mentres non obteñan destino definitivo, seralles adxudicado
destino provisional na localidade ou, no caso do persoal funcionario do corpo de
mestres, na zona educativa”.
E o persoal suprimido ou desprazado por falta de horario que participe no concurso
de traslados sen exercer o dereito preferente será destinado de oficio?
Si. Non o será nas seis primeiras convocatorias do concurso, pero na sétima convoca-
toria, se non obtén destino, será destinado de oficio. Artigo 8.3 do Decreto 140/2006,
do 31 de agosto.
37