Page 35 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 35

Teño un curso realizado despois da entrada en vigor da Orde o 14 de maio de 2013
          pola que se regula a convocatoria, o recoñecemento, a certificación e o rexistro das
          actividades de formación permanente do profesorado en Galicia e no baremo figura
          con 0 puntos. Como podo solucionalo?

               Mediante o procedemento normalizado ED011A.
               No caso de que o curso non figure coa puntuación correspondente, deberá formular
               unha alegación na lapela de Formación recibida existente na solicitude de actualización
               e/ou modificación do expediente persoal e presentar electronicamente a devandita
               solicitude xunto co certificado acreditativo do curso na sede electrónica da Xunta
               de Galicia.
               Para formular a alegación, debe acceder ao curso e incluír o certificado deste.


          Estou participando no concurso de traslados de ámbito estatal a prazas situadas no
          ámbito de xestión de Cataluña. Como achego a documentación xustificativa de posuír
          o requisito de coñecemento da lingua catalá?

               Mediante o procedemento normalizado ED011A.
               Deberá alegar este requisito na lapela de Linguas existente na solicitude de actuali-
               zación e/ou modificación do expediente persoal e presentar a devandita solicitude
               xunto co certificado acreditativo do coñecemento da lingua catalá na sede electrónica
               da Xunta de Galicia.


          Estou participando no concurso de traslados a prazas bilingües. Como achego a docu-
          mentación xustificativa de posuír o requisito?
               Mediante o procedemento normalizado ED011A.
               No caso de que o requisito non conste no seu expediente persoal, deberá formular
               unha alegación na lapela de Linguas existente na solicitude de actualización e/ou
               modificación do expediente persoal e presentar a solicitude de actualización e/ou
               modificación do expediente xunto co certificado acreditativo do coñecemento da
               lingua correspondente na sede electrónica da Xunta de Galicia.


          Teño que presentar o baremo que se xera xunto coa solicitude do concurso de traslados?
               Non, só é preciso a presentación electrónica da solicitude de participación no con-
               curso de traslados.

          No concurso de traslados de ámbito estatal, se unha Administración educativa non
          vai a ofertar prazas, tería que convocar o concurso?
               Si, para permitir a participación do persoal funcionario do seu ámbito de xestión a
               prazas doutras administracións educativas e, se é o caso, se procede, a adxudicación
               daquelas que resulten do propio concurso. Así o establece a DA sexta.3 da LOE.


                                          33
   30   31   32   33   34   35   36   37   38   39   40