Page 33 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 33

O persoal funcionario de carreira que acceda a outro corpo do mesmo ou distinto
          subgrupo de clasificación está obrigado a participar en CADP?
               Non. Pode participar voluntariamente.


          O persoal funcionario de carreira en expectativa de destino que adquira unha nova
          especialidade no concurso-oposición pode participar en CADP ese ano por esa nova
          especialidade?
               Non.


          O profesorado do corpo de catedráticos de Música e Artes Escénicas con destino
          definitivo pode participar voluntariamente en CADP?

               Non. Si poden facelo os funcionarios de carreira con destino definitivo do corpo de
               profesores de Música e Artes Escénicas.


          O persoal docente interino ou substituto que obteña destino na resolución defini-
          tiva de CADP poderá acollerse ás renuncias establecidas no punto décimo cuarto da
          Resolución pola que se dá publicidade do texto refundido do Acordo do 20 de xuño
          de 1995 polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente
          interino e substituto?
               Non, agás causa sobrevida con posterioridade á adxudicación definitiva.


          Que o persoal docente interino ou substituto que solicite en CADP unha soa provincia
          supón que para os chamamentos só realizará substitucións nesa provincia?
               Non. Se quere realizar substitución nunha única provincia, deberá realizar a corres-
               pondente solicitude no prazo establecido do 15 de xuño ao 15 de xullo, ambos os
               dous incluídos.





















                                          31
   28   29   30   31   32   33   34   35   36   37   38