Page 29 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 29
Son persoal funcionario de carreira do corpo de mestres. Podo participar no concurso
polas especialidades das que estou solicitando habilitación no mes de xuño?
Si, a aplicación web do concurso permite formular peticións ás especialidades das
que solicitou previamente habilitación no mes de xuño, aínda que non estea resolto
o procedemento. Pola súa vez, adxudicarase destino nestas especialidades, de ser o
caso, se cumpre cos requisitos establecidos para obter a habilitación.
É obrigatorio a presentación electrónica da solicitude?
Si, o artigo 14 da Orde do 7 de xuño de 2018 establece que as solicitudes do procede-
mento código ED002B deberán presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos.
Teño que formular e presentar electronicamente a solicitude ordinaria de participa-
ción todos os anos?
Non, a solicitude formulada será válida para as seguintes convocatorias a partir do
curso académico 2019/20 mentres se manteña a obriga de participar neste proce-
demento. Deste modo, a aplicación web recuperará a última solicitude formulada e
presentada electronicamente
Se desexa modificar a súa solicitude da convocatoria anterior, poderá acceder á apli-
cación web, formular unha nova solicitude e presentala electronicamente. Neste caso
terase en conta esta última solicitude.
Son persoal docente suprimido do corpo de mestres. Se exerzo o dereito preferente a
centro, poden adxudicarme en calquera especialidade, incluso da que non son titular?
Si, neste caso daráselle prioridade ao centro sobre a especialidade, de modo que se
adxudicará con preferencia o centro en que se exerce o dereito preferente en praza
da especialidade da que non se é titular fronte a outra praza da que se é titular doutro
centro da mesma ou distinta localidade. A única especialidade que non se adxudicará
obrigatoriamente é a Lingua Estranxeira: Inglés.
Son persoal docente suprimido do corpo de mestres e exerzo o dereito preferente a
centro, pero non obteño destino. Que ocorre neste caso?
A Administración elaborará unha solicitude en que se lle engadirá a localidade e, se é
o caso, a zona de dereito preferente para a adxudicación de destino.
Son persoal docente suprimido do corpo de mestres e non exerzo o dereito prefe-
rente. Que acontece se non obteño destino?
A Administración elaborará unha solicitude en que se ordenarán as especialidades de
que sexa titular pola orde do código e, a continuación, as especialidades para as que
non está habilitado, agás Lingua Estranxeira: Inglés para a adxudicación de destino.
27