Page 26 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 26

CONCURSO DE ADXUDICACIÓN DE DESTINOS PROVISIONAIS (CADP)
           PROCEDEMENTO CÓDIGO ED002B



          Se son persoal interino do corpo de mestres e do corpo de profesores de ensino
          secundario, teño que formular unha solicitude por ambos os dous corpos?

               Non, é suficiente se se formula unha solicitude por un dos corpos. Tampouco ten que
               participar por todas as listas das que forma parte, xa que é suficiente se participa
               por unha soa lista.


          Se son persoal interino do corpo de mestres e do corpo de profesores de ensino secun-
          dario, e formulo unha solicitude en cada corpo, podo obter praza nos dous corpos?

               Non. Se obteño praza nun corpo, automaticamente exclúese a miña solicitude do
               outro corpo. Neste caso adxudícase en primeiro lugar o corpo de mestres.


          Son persoal interino do corpo de mestres e do corpo de profesores de ensino secun-
          dario, e formulo unha solicitada en cada corpo. Na resolución provisional obteño unha
          praza no corpo de mestres, pero quero obter unha praza no corpo de profesores de
          ensino secundario. Que debo facer?
               Neste caso, se lle corresponde unha praza no corpo de profesores de ensino secun-
               dario ou prefire recibir chamamentos no corpo de profesores de ensino secundario,
               debe renunciar á adxudicación de destino provisional obtida no corpo de mestres, no
               prazo de reclamacións e renuncias.


          Formulei unha solicitude de comisión de servizos por razón de saúde e/ou por conci-
          liación familiar. Teño obriga de realizar unha solicitude ordinaria?

               Si, sempre que sexa persoal docente suprimido, desprazado, en expectativa ou interino.
               No caso de que participe con destino definitivo non teño que realizar unha solicitude
               ordinaria.


          Son persoal interino e teño concedida unha comisión de servizos por razón de saúde.
          Aprobei o concurso-oposición polo mesmo corpo e especialidade da que son persoal
          interino. Térase en conta a miña solicitude de comisión de servizos por razón de saúde
          formulada como persoal interino?
               Si, a adxudicación realizarase empregando a solicitude formulada como persoal inte-
               rino e modificarase o colectivo polo que se participa.






                                          24
   21   22   23   24   25   26   27   28   29   30   31