Page 27 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 27
Son persoal interino e teño concedida unha comisión de servizos por conciliación
familiar. Aprobei o concurso-oposición polo mesmo corpo e especialidade da que son
persoal interino. Térase en conta a miña solicitude de comisión de servizos?
Si, a adxudicación terá en conta a solicitude formulada como persoal interino, agás
que desexe formular unha nova solicitude no prazo establecido para o persoal que
aproba o procedecemento selectivo. Neste último caso, quedaría sen efecto a reali-
zada como persoal interino.
Son persoal interino e teño concedida unha comisión de servizos por razón de saúde.
Aprobei o concurso-oposición por outro corpo ou outra especialidade. Podo parti-
cipar con comisión de servizos por razón de saúde no concurso de adxudicación de
destinos provisionais?
Si, neste caso realizarase unha copia da solicitude ordinaria que se formula como
persoal que aproba o procedemento selectivo (agás o apartado relativo ás provincias)
para poder participar no concurso cunha comisión de servizos por razón de saúde
ademais da ordinaria.
Son persoal interino e xa teño presentada unha solicitude ordinaria no concurso de
adxudicación de destinos provisionais. Aprobei o concurso-oposición. Teño que for-
mular unha nova solicitude ordinaria?
Si, o persoal interino que supere o procedemento selectivo, aínda no suposto de que
sexa o mesmo corpo e especialidade en que prestaba servizos estará obrigado a
facer unha nova solicitude ordinaria e quedará sen efecto a realizada como persoal
docente interino.
Aprobei o concurso-oposición. Que solicitudes teño que formular no concurso de
adxudicación de destinos provisionais?
O persoal que supere o procedemento selectivo terá que formular obrigatoriamente
unha solicitude ordinaria pola especialidade pola que aproba. Ademais, de ser o caso,
poderá formular unha solicitude de comisión de servizos por conciliación familiar.
Son persoal docente suprimido e estou en excedencia por coidado de familiares. Teño
que participar no concurso?
Si, o profesorado suprimido ou en expectativa de destino que estea en situación de
servizos especiais ou de excedencia por coidado de familiares, ou teña concedida
unha licenza por estudos por todo o curso, ou teña un permiso sindical a tempo com-
pleto, deberá participar na convocatoria sen que a adxudicación de destino supoña un
cambio na súa situación administrativa, agás que solicite expresamente o reingreso
á situación de servizo activo.
25