Page 25 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 25

Se un prazo remata en día inhábil, prorrógase o prazo?

               Si, ata o primeiro día hábil seguinte.


          Nun prazo dun mes no que o cómputo se inicia o día 31 de xaneiro, cando remata?
               O día 28 de febreiro, ou 29 se o ano é bisesto, xa que, se no mes de vencemento non
               houbese día equivalente a aquel en que comeza o cómputo, entenderase que o prazo
               expira o último día do mes.

          Estou solicitando unha comisión de servizos en atención a situacións persoais espe-
          ciais por motivos de saúde e recibo unha notificación electrónica para que presente
          unha documentación no prazo de 10 días hábiles. Cando se empeza a computar o
          prazo? Cando remata o prazo? Que acontece se non accedo á notificación?

               Os prazos expresados en días contaranse a partir do día seguinte a aquel en que
               teña lugar a notificación no sistema de notificación electrónica da Xunta de Galicia
               (notifica.gal). A notificación entenderase practicada no momento en que se acceda
               ao contido desta.
               O prazo remata unha vez que transcorran 10 días hábiles desde o acceso ao contido
               da notificación electrónica de conformidade co calendario e horas oficiais da sede
               electrónica da Xunta de Galicia.
               Exemplo: o acceso ao contido da notificación ten lugar o xoves, día 20 de outubro
               de 2022 (día hábil). O prazo comeza o venres día 21 de outubro de 2022 e finaliza o
               venres día 4 de novembro de 2022, xa que temos que excluír do cómputo os sábados,
               os domingos e o día 1 de novembro de 2022 por ser día festivo no calendario da sede
               electrónica da Xunta de Galicia.
               Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio (é obrigato-
               rio para o persoal empregado público para os trámites e actuacións que realicen con
               elas por razón da súa condición), entenderase rexeitada cando transcorresen dez días
               naturais desde a posta ao dispor da notificación sen que se acceda ao seu contido.
               Neste caso terase por efectuado o trámite e seguirase o procedemento.
               Exemplo: a posta á disposición da notificación electrónica tivo lugar o luns día 17 de
               outubro de 2022, de xeito que o xoves, día 27 de outubro de 2022, remata o prazo de
               10 días naturais. O día 28 de outubro de 2022 a Administración terá por efectuada a
               notificación e seguirá o procedemento.


          Publícase no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se procede á adxudicación
          definitiva do concurso de adxudicación de destinos provisionais e teño un prazo dun
          mes para interpoñer o recurso de reposición. Cando empeza e cando remata o prazo?
               O prazo comeza desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia
               desta resolución e remata o mesmo día no que tivo lugar a publicación. Exemplo: se a
               publicación tivo lugar o martes día 22 de agosto de 2022, o prazo comeza o mércores
               día 23 de agosto e remata o xoves día 22 de setembro de 2022.



                                          23
   20   21   22   23   24   25   26   27   28   29   30