Page 20 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 20
Rematou o prazo de presentación de solicitudes por comisión de servizos de saúde e
detectáronme unha enfermidade grave. Como debo proceder?
Con anterioridade á resolución definitiva do concurso de adxudicación de destinos
provisionais publicarase na páxina web www.edu.xunta.gal un prazo extraordinario
de solicitudes por causas sobrevidas para estes supostos.
Podo renunciar á comisión de servizos?
Si, no prazo establecido para estes efectos no concurso de adxudicación de destinos
provisionais con anterioridade á adxudicación definitiva.
Adxudicáronme mediante a resolución definitiva unha praza en comisión de servizos
nun concurso específico. Debo renunciar á comisión de servizos?
Non é preciso, xa que a normativa establece que as persoas que teñan concedida
unha comisión de servizos non poderán participar no concurso de adxudicación de
destinos provisionais, de modo que a solicitude de comisión de servizos por motivos
de saúde será excluída de oficio neste caso.
COMPETENCIA DOCENTE
(As respostas que se ofrecen en relación coa educación secundaria obrigatoria e o bacharelato
supedítanse a que se confirmen no futuro real decreto que regule a asignación de materias en
educación secundaria obrigatoria e en bacharelato ás especialidades dos corpos docentes).
1. A materia Expresión Artística da educa- Debuxo
ción secundaria obrigatoria asígnase á espe-
cialidade de:
2. A materia Economía e Emprendemento Economía
da educación secundaria obrigatoria asígna- Organización e Xestión Comercial
se ás especialidades de: Nos centros nos que exista profesorado das
dúas especialidades seguirase esta orde de
prelación para impartir a materia.
3. A materia Formación e Orientación Per- Economía
soal e Profesional da educación secundaria Formación e Orientación Laboral
obrigatoria asígnase ás especialidades de: Orientación Educativa
4. A materia Educación en Valores Cívicos e Filosofía
Éticos da educación secundaria obrigatoria
asígnase á especialidade de:
18