Page 17 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 17

A miña parella é persoal docente tamén. Podemos solicitar ambos os dous a comisión?

               Non, só se permite a solicitude por unha das persoas integrantes da parella de feito
               ou dos cónxuxes.


          Teño concedida a custodia compartida por sentenza xudicial. Poden as dúas persoas
          proxenitoras solicitar a comisión?
               Si, neste caso as dúas persoas proxenitoras poden solicitar a comisión.


          É obrigatoria a presentación electrónica da solicitude?

               Si, é obrigatorio presentar a solicitude e a documentación por medios electrónicos
               no procedemento código ED010A.

          Como debo formular as peticións?

               En primeiro lugar, hai que solicitar peticións aos centros e/ou localidades nun radio de
               20 km de distancia á localidade de residencia. Unha vez formuladas estas peticións,
               poderanse solicitar outros centros e/ou localidades.

          Teño obriga de solicitar un centro penal que está a 20 km da miña localidade de residencia?

               Non, os centros penais, os centros de educación permanente de adultos e os centros
               ordinarios en que se imparten ensinanzas de adultos e aqueles centros en que se
               imparten ensinanzas en réxime de xornada partida serán de solicitude voluntaria.


          Cal é o prazo para formular as solicitudes?
               10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución do
               concurso xeral de traslados no Diario Oficial de Galicia.
               Nos anos en que se convoque o concurso xeral de traslados de ámbito estatal e se
               resolva por corpos en distintas datas, o prazo contarase a partir do día seguinte ao da
               publicación da resolución do último concurso de traslados no Diario Oficial de Galicia.


          Acabo de aprobar o procedemento selectivo. Podo formular a solicitude?
               Si, no prazo de 2 días hábiles desde a publicación da relación de persoas aprobadas
               polo tribunal correspondente

          Podo renunciar á comisión de servizos?

               Si, no prazo establecido para estes efectos no concurso de adxudicación de destinos
               provisionais con anterioridade á adxudicación definitiva.


                                          15
   12   13   14   15   16   17   18   19   20   21   22