Page 18 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 18
Adxudicaronme mediante a resolución definitiva unha praza en comisión de servizos
nun concurso específico. Debo renunciar á comisión de servizos?
Non é preciso, xa que a normativa establece que as persoas que teñan concedida
unha comisión de servizos non poderán participar no concurso de adxudicación de
destinos provisionais de modo que a solicitude de comisión de servizos será excluída
de oficio neste caso.
COMISIÓN DE SERVIZOS DO PERSOAL FUNCIONARIO
DOS CORPOS DOCENTES E DO PERSOAL LABORAL DOCENTE QUE IMPARTE
AS ENSINANZAS REGULADAS NA LEI ORGÁNICA 2/2006, DO 3 DE MAIO, DE
EDUCACIÓN, EN CENTROS DEPENDENTES DA CONSELLERÍA COMPETENTE
EN MATERIA DE EDUCACIÓN EN ATENCIÓN A SITUACIÓNS PERSOAIS
ESPECIAIS POR MOTIVOS DE SAÚDE. PROCEDEMENTO CÓDIGO ED010B.
Teño concedida unha comisión de servizos por motivos de saúde. É obrigatorio que
se me adxudique unha praza no concurso de destinos provisionais por esta comisión?
Non, a adxudicación estará supeditada á existencia dunha praza vacante ou necesidade
de profesorado para o curso académico correspondente e que lle corresponda a adxu-
dicación dunha praza das solicitadas de acordo cos criterios establecidos na regulación
da adxudicación de destinos provisionais para o curso académico que corresponda.
Poden concederme unha comisión de servizos por motivos de saúde da miña avoa?
Si, sempre que, con carácter xeral, teña un grao de discapacidade recoñecido de,
polo menos, o 65 por 100 e que conviva e estea ao seu coidado directo e ademais
non exista ningunha persoa familiar en primeiro grao ou, de existir, estea incapacitada
para o seu coidado directo.
Podo solicitar unha comisión de servizos por motivos de saúde se son persoal funcio-
nario de carreira dependente doutra administración educativa?
Si, sempre que estea en situación de servizo activo e cumpra cos requisitos esixidos.
Cal será a orde de adxudicación neste último caso?
A adxudicación dunha praza de comisión de servizos por motivos de saúde a persoal
docente procedente de fóra da Comunidade Autónoma de Galicia estará condicionada
a que obteña praza todo o profesorado dependente da consellería, agás o persoal
docente interino e substituto.
16