Page 14 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 14

Como se potencia no Acordo de catálogos do 8 de xuño de 2007 a atención preferente
          a todo o alumnado de educación infantil?
               Poñendo un profesor ou unha profesora de apoio por cada tres unidades.


          Que principio importante se aplicou no Acordo de catálogos de 8 de xuño de 2007?
               Que cada unidade teña un mestre ou unha mestra xeneralista.


          Nos catálogos, o profesorado especialista en Música fai de xeneralista?
               Non.


          Nos catálogos de postos de traballo, o profesorado especialista en Lingua Estranxeira:
          Francés fai de xeneralista?
               Si, pero establécese que aqueles centros educativos nos que se imparte a Lingua
               Estranxeira: Francés se dotarán dun profesor ou profesora xeneralista máis.


          A partir de cantas unidades terán os centros unha persoa especialista en orientación?
               A partir de 12 unidades de primaria.


          A partir de cantas unidades terán os centros unha persoa especialista en orientación
          compartida?
               A partir de seis unidades de primaria.


          Nos centros de educación infantil e primaria, a partir de cantas unidades aparece a
          segunda persoa especialista de Lingua Estranxeira: Inglés?
               A partir de 8 unidades de educación primaria.


          A un centro de educación infantil e primaria, con 3 unidades de infantil e 12 de pri-
          maria, cantos profesores ou profesoras especialistas de Lingua Estranxeira: Inglés
          lle corresponden por catálogo?
               Dous.


          Cando lle corresponden por catálogo tres profesores ou profesoras especialistas de
          Lingua Estranxeira. Inglés a un centro de educación infantil e primaria?
               A partir de 15 unidades de educación primaria.


                                          12
   9   10   11   12   13   14   15   16   17   18   19