Page 9 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 9

ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA




          Que é información pública?
               Todos os contidos ou documentos, con independencia do seu formato ou soporte, que
               fosen elaborados ou adquiridos no exercicio das súas funcións pola Administración
               (*entre outros suxeitos previstos na lei).


          Como se formaliza o acceso á información pública?
               Preferiblemente mediante o modelo normalizado PR100A dispoñible na sede electró-
               nica da Xunta de Galicia.


          Hai que motivar a solicitude?

               A persoa solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso á infor-
               mación. Con todo, poderá expoñer os motivos polos que solicita a información que
               poderán ser tidos en conta cando se dite a resolución.


          Existen límites para o acceso á información pública?

               Este dereito soamente se pode limitar naqueles casos en que así sexa necesario pola
               propia natureza da información en relación coa aplicación de dereitos constitucio-
               nalmente protexidos ou pola súa entrada en conflito con outros intereses protexidos
               (artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro).

          Quen resolve as solicitudes de información pública?

               No ámbito do sector público autonómico, a competencia para a resolución das soli-
               citudes de acceso corresponderalle á persoa titular da secretaría xeral, a secretaría
               xeral técnica, a dirección xeral ou a delegación territorial no caso da Administración
               xeral da comunidade autónoma, e á persoa titular dos órganos de goberno ou exe-
               cutivos das entidades instrumentais do sector público que posúan a información.


          Cal é o prazo de resolución?
               Un (1) mes desde a recepción da solicitude polo órgano competente para resolver.
               Transcorrido este prazo sen resolución, a solicitude entenderase desestimada.









                                          7
   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14