Page 13 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 13
CATÁLOGOS DE POSTOS DE TRABALLO
Que establece o Acordo do 8 de xuño de 2007 dos catálogos dos centros de educación
infantil, educación primaria, educación infantil e primaria e centros públicos integra-
dos sobre a atención á diversidade?
Que os catálogos permitirán a atención á diversidade do alumnado dos centros públi-
cos de educación infantil e primaria.
Poderase incrementar o número de persoal especialista de Pedagoxía Terapéutica e
de Audición e Linguaxe que se establece no acordo de catálogos?
Si. Nas normas xerais sobre os catálogos establécese que “naqueles centros ordina-
rios que integren alumnado con necesidade educativa específica se poderán incre-
mentar os catálogos en función do número e tipo de necesidades, especialmente de
Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe”.
En que centros aparece persoal especialista en Pedagoxía Terapéutica?
Nos centros de educación primaria, educación infantil e primaria e nos centros públi-
cos integrados de catro ou máis unidades de primaria.
En que centros aparece a segunda persoa especialista en Pedagoxía Terapéutica?
Nos centros de educación primaria, educación infantil e primaria e nos centros públi-
cos integrados de 18 ou máis unidades de educación primaria.
En que centros aparece a primeira persoa especialista en Audición e Linguaxe?
– Nos centros de educación primaria con 13 ou máis unidades.
– Nos centros de educación infantil con 3 ou máis unidades.
– Nos centros de educación infantil e primaria con 13, 14, 15, 16 e 17 unidades,
computando as de educación infantil e primaria conxuntamente.
En que centros aparece a segunda persoa especialista en Audición e Linguaxe?
– Nos centros de educación primaria con 30 ou máis unidades.
– Nos centros de educación infantil e primaria con 30 ou máis unidades, computando
as de educación infantil e primaria conxuntamente.
11