Page 11 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 11

Podemos presentarnos para a adquisición doutra especialidade se somos persoal
          funcionario en prácticas?
               Non. Hai que ser persoal funcionario de carreira como se establece no artigo 52
               citado no apartado anterior.



          No corpo de mestres, é preciso posuír a titulación esixida para ingresar no corpo?
               Non. O requisito é ser funcionario de carreira do corpo de mestres. O artigo 53.1 do
               Real decreto 276/2007 establece que “o persoal funcionario do corpo de mestres
               poderá adquirir novas especialidades, dentro do mesmo corpo, mediante a realización
               dunha proba”.



          Nos restantes corpos, é preciso posuír a titulación esixida para ingresar no corpo e
          especialidade?
               Si. O artigo 54.2 do Real decreto 276/2007, relativo á adquisición doutra especiali-
               dade por persoal funcionario doutros corpos, establece que “os que desexen parti-
               cipar nos procedementos de adquisición dunha nova especialidade deberán posuír
               o nivel de titulación e os demais requisitos que se esixen para o ingreso libre na
               devandita especialidade”.


          Para presentarse á adquisición doutra especialidade, é necesario estar en situación
          de servizo activo ou é posible presentarse desde outras situacións administrativas
          como excedencia voluntaria ou servizos especiais?
               Non é necesario estar en situación de servizo activo.
               No caso de encontrarse en situación de excedencia voluntaria poderemos presentar-
               nos na comunidade autónoma na que nos concederon a excedencia.
               Se estamos en comisión de servizos noutra comunidade autónoma, podemos presen-
               tarnos na nosa comunidade autónoma, pero non na que transitoriamente estamos
               prestando servizos.


          Convócanse todas as especialidades de todos os corpos?
               Non. Normalmente convócanse as especialidades que se ofertan para o ingreso libre.



          Existe límite de prazas neste procedemento?
               Depende da convocatoria. No artigo 52 do Real decreto 276/2007, establécese que
               nas convocatorias se poderá determinar o número de profesores que adquiran novas
               especialidades por este procedemento.


                                          9
   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15   16