Page 7 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 7
AGRADECEMENTO
Coñezo a J. Luís Canosa desde hai máis dun cuarto de
século e sempre mantivemos unha máis que boa relación,
tanto persoal como profesional. De feito, e a pesar de que
traballamos desde distintos ámbitos educativos, Canosa
como representante dunha Administración educativa e
eu como responsable dunha organización sindical inde-
pendente e profesional sempre defendemos os mesmos
obxectivos: por unha banda, colocar o ensino galego á
vangarda dos servizos públicos e, pola outra, prestixiar o
excelente traballo realizado polos docentes galegos.
Alá polo ano 2005 viu a luz o primeiro Manual do profe-
sorado galego. Un manual esencial e imprescindible que,
durante nada máis e nada menos que 17 anos, foi fonte de
consulta constante por parte dos equipos directivos e do
profesorado galego. Pero claro, despois desta eternidade,
chegou o momento de afrontar unha profunda actualiza-
ción e, a verdade, é que foi moi doado, simplemente foi
dicirllo a Jose Luís e, automaticamente, xa me dixo que
si, o que lle agradezo sinceramente. Ben é certo que me
puxo condición, unha soa: que Mónica García, a súa xefa
de servizo de Primaria, participase activamente na súa
actualización. Isto agradoume aínda máis, pois considero
a Mónica unha excelente profesional, meticulosa e rigo-
rosa no desempeño da súa función de todo o que ten que
ver coa xestión dos recursos humanos da Consellería e da
lexislación que hai que aplicar no ámbito educativo galego.
Quero agradecerlles aos dous este excelente traballo, pro-
fesional e completo. Unha guía de consulta esencial para o
profesorado galego. Feita desde unha perspectiva distinta
á simple recompilación da normativa educativa, moi lonxe
do que o profesorado solicita nas súas consultas profesio-
nais do día a día. Este magnífico compendio de preguntas
e respostas organizadas por temáticas son as cuestións
profesionais que o profesorado demanda diariamente no
desenvolvemento das súas tarefas educativas.
Grazas Mónica.
Grazas J. Luís.
5