Page 5 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 5

PRÓLOGO







                                 Cando Julio Díaz  Escolante  me  propuxo realizar  unha
                                 actualización do Manual do profesorado galego aceptei
                                 rapidamente cunha condición: que nesta actualización
                                 participase tamén Mónica García Fernández.

                                 Mónica García Fernández vén desempeñando un labor
                                 encomiable na Subdirección Xeral de Recursos Humanos
                                 desde hai máis dunha década, cunha dedicación e un
                                 coñecemento moi profundo de toda a lexislación aplicable
                                 ao persoal docente, pilotando a transformación de proce-
                                 dementos ordinarios en procedementos electrónicos, que
                                 permiten unha modernización e unha evolución da aplica-
                                 ción das novas tecnoloxías na xestión.
                                 Resumindo, que Mónica García Fernández e eu traballá-
                                 semos, ao mesmo nivel de responsabilidade, na actuali-
                                 zación do Manual do profesorado galego supoñía para min
                                 unha enorme tranquilidade e unha garantía dun traballo
                                 final de maior calidade.
                                 O Manual actualízase nun momento no que se están a pro-
                                 ducir cambios importantes. A aprobación da Lei 20/2021,
                                 do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución
                                 da temporalidade no emprego público, a declaración a
                                 extinguir do corpo de profesores técnicos de formación
                                 profesional, a creación do novo corpo de profesores espe-
                                 cialistas en sectores singulares da formación profesional,
                                 a integración do profesorado do corpo que se vai extinguir
                                 de profesores técnicos de formación profesional son cues-
                                 tións que se tratan neste manual, algunha delas condicio-
                                 nadas a que determinadas normas se terminen aprobando
                                 tal e como están nestes intres en tramitación.
                                 Tamén será moi importante para o persoal interino e
                                 para a xestión dos recursos humanos a adaptación que
                                 se poida realizar da normativa do persoal docente ao
                                 disposto no artigo 10, e na disposición adicional décimo
                                 sétima do texto refundido da Lei do estatuto básico do
                                 emprego público, segundo a redacción que lle deu a Lei
                                 20/2021.

                                          3
   1   2   3   4   5   6   7   8   9   10