Page 10 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 10

Que recurso podo interpoñer?

               A lei establece a posibilidade de interpoñer unha reclamación ante o/a Valedor/a do
               Pobo no prazo dun (1) mes desde a notificación da resolución (*agás as ditadas polo
               Parlamento de Galicia, Consello Consultivo, Valedor do Pobo, Consello de Contas,
               Consello Económico e Social, Consello Galego de Relacións Laborais e Consello da
               Cultura Galega en relación coas súas actividades suxeitas a dereito administrativo e,
               en todo caso, respecto dos seus actos en materia de persoal e contratación nas que
               só cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo).
               • Recurso contencioso-administrativo


          É información pública a documentación que figure en poder dos tribunais de selección
          de persoal docente?
               Os tribunais de selección son órganos administrativos de carácter técnico ao ser-
               vizo da Administración, de xeito que a documentación que elaborasen é información
               pública.

          Pódense considerar os modelos de corrección dos tribunais de selección como docu-
          mentos de traballo interno para xustificar unha posible inadmisión da solicitude de
          información pública?

               Non, dado que son documentos de interese público, xa que se empregan para a
               selección do persoal empregado público docente.
               A finalidade da lei é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública some-
               tendo as decisións adoptadas ao escrutinio público para acreditar un exercicio obxec-
               tivo e ponderado.








           ADQUISICIÓN DOUTRA ESPECIALIDADE
           DENTRO DO MESMO CORPO




          Podemos presentarnos para a adquisición doutra especialidade noutra comunidade
          autónoma distinta á que pertencemos?

               Non. O artigo 52 do Real decreto 276/2007 establece que “as administracións edu-
               cativas determinarán, mediante as oportunas convocatorias, as especialidades que
               poidan adquirirse a través dos procedementos establecidos neste título. A estas
               convocatorias poderán concorrer unicamente funcionarios de carreira directamente
               dependentes da Administración educativa convocante”.


                                          8
   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15