Page 12 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 12

En que consiste a proba? Hai unha proba práctica?

               No corpo de mestres, nunha exposición oral dun tema elixido entre tres.
               Nos restantes corpos, na exposición dun tema elixido polo persoal aspirante de entre
               os extraídos ao chou polo tribunal, proporcional ao número total de temas do temario
               de cada especialidade atendendo aos seguintes criterios:
               a)  Naquelas especialidades que teñan un número superior a 25 temas e inferior a 51,
                 deberá elixirse entre catro temas.
               b)  Naquelas especialidades que teñan un número superior a 50 temas, deberá elixirse
                 entre cinco temas.
               Para todos os corpos, o Real decreto 276/2007 establece que “para aquelas especialida-
               des nas que así se determine, a proba poderá incorporar contidos de carácter práctico”.


          Como se cualificará a proba?
               Nos artigos 53 e 54 do Real decreto 276/2007, establécese que “a valoración da
               proba será de apto ou non apto e obterán a nova especialidade unicamente os que
               fosen cualificados con apto”.


          Deberase realizar unha fase de prácticas?
               Non.


          O persoal docente que acadase unha nova especialidade por este procedemento terá
          dereito a adscribirse a unha vacante desta especialidade no seu centro de destino
          definitivo?
               Si, pero só o persoal funcionario dos corpos de catedráticos de ensino secundario, pro-
               fesores de ensinanza secundaria e os profesores técnicos de formación profesional, de
               acordo co establecido no artigo 16.1.d) do Real decreto 1364/2010, do 29 de outubro.
               Unha vez obtido o novo posto, só se poderá exercer este dereito con ocasión da
               adquisición doutra nova especialidade.


          O persoal docente que acabe de adquirir unha nova especialidade poderá participar
          no concurso de traslados simultaneamente por todas as especialidades que posúa?

               Si. Todo o persoal docente que posúa máis dunha especialidade, se participa volunta-
               riamente, poderá optar por participar por unha, varias ou por todas as especialidades
               nunha única solicitude.
               No caso de ter que participar obrigatoriamente no concurso de traslados tamén será
               obrigatorio que participe por todas, incluída a que acaba de adquirir.






                                          10
   7   8   9   10   11   12   13   14   15   16   17