Page 16 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 16

COMISIÓN DE SERVIZOS DO PERSOAL FUNCIONARIO
           DOS CORPOS DOCENTES E DO PERSOAL LABORAL DOCENTE QUE IMPARTE
           DOCENCIA EN CENTROS DEPENDENTES DA CONSELLERÍA COMPETENTE EN
           MATERIA DE EDUCACIÓN EN ATENCIÓN A SITUACIÓNS DE CONCILIACIÓN
           DA VIDA FAMILIAR E LABORAL. PROCEDEMENTO CÓDIGO ED010A.




          Teño concedida unha comisión de servizos por conciliación familiar. É obrigatorio que
          se me adxudique unha praza no concurso de destinos provisionais por esta comisión?
               Non, a adxudicación estará supeditada á existencia de praza vacante ou necesidade de
               profesorado para o curso académico correspondente e que me corresponda a adxudi-
               cación dunha praza das solicitadas de acordo cos criterios establecidos na regulación
               da adxudicación de destinos provisionais para o curso académico que corresponda.


          A que data se computa a idade dos fillos ou fillas?
               Ao 31 de decembro do ano inmediatamente anterior a aquel en que se efectúa a solicitude.


          O meu fillo ou filla é adoptado, desde cando se computa a idade?

               A idade computarase desde a resolución xudicial.

          Estou embarazada de tres meses no prazo establecido para formular a solicitude.
          Podo formular a solicitude de comisión de servizos por conciliación familiar?

               Si, pode efectuarse a solicitude sempre que exista embarazo a termo final con ante-
               rioridade ao mes de marzo do ano seguinte a aquel en que se presenta a solicitude.


          Teño destino definitivo nun centro público integrado con réxime de xornada partida
          a 45 km da miña localidade de residencia. Podo formular a solicitude de comisión de
          servizos?

               Si, xa que non lles será esixible o requisito de ter destino definitivo nunha localidade
               a unha distancia superior a 60 km da localidade de residencia a aquelas persoas que
               presten servizos nos centros de educación infantil, educación infantil e primaria, edu-
               cación primaria, colexios rurais agrupados, centros de educación especial e centros
               públicos integrados que teñen réxime de xornada partida.


          Tiven que participar no concurso de traslados á localidade ou localidades que se soli-
          citan na comisión de servizos?

               Si, é obrigatorio, agás casos excepcionais que serán valorados pola comisión de valo-
               ración.


                                          14
   11   12   13   14   15   16   17   18   19   20   21