Page 28 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 28

Son persoal funcionario interino en excedencia por coidado de familiares. Estou obri-
          gado a participar?
               Si, debe participar na convocatoria e, no caso de obter destino, solicitar, se o desexa,
               unha nova excedencia, que lle será autorizada de reunir os requisitos para a súa
               concesión.


          Teño concedida unha comisión de servizos. Podo participar no concurso de adxudi-
          cación de destinos provisionais?

               Non, agás que se trate dunha de comisións de servizos por razóns de saúde, de con-
               ciliación da vida familiar e laboral e por concelleiro ou concelleira.


          Son persoal obrigado a participar no concurso e non formulei a solicitude no prazo
          establecido. Que acontece neste suposto?
               Neste caso, se ten presentada electronicamente unha solicitude no procedemento
               ED002B con anterioridade, recupérase a solicitude anterior para a adxudicación. No
               caso de que non conste ningunha presentación electrónica anterior, a Administración
               elaborará de oficio unha solicitude onde unicamente constarán as provincias. A orde
               das provincias será por orde crecente de código (15, 27, 32, 36)


          Son persoal funcionario en prácticas do corpo de mestres. Participo no concurso coa
          especialidade de primaria?

               Si, o persoal funcionario en prácticas do corpo de mestres que sexa nomeado o 1 de
               setembro do ano en curso persoal funcionario de carreira participará no concurso coa
               especialidade que posúe e ademais coa especialidade de Primaria sempre que reúna
               os requisitos para obter a devandita habilitación de conformidade co establecido no
               Real decreto 1594/2011, do 4 de novembro.


          Son persoal funcionario en prácticas do corpo de mestres. Podo solicitar vacantes
          de Orientación?

               Si, sempre que posúa algunha das seguintes titulacións: licenciatura de Psicopeda-
               goxía, licenciatura ou grao de Pedagoxía, Psicoloxía, ou licenciatura en Filosofía e
               Ciencias da Educación (especialidades de Psicoloxía ou Ciencias da Educación) ou en
               Filosofía e Letras (especialidades de Pedagoxía ou Psicoloxía).


          Acabo de aprobar o procedemento selectivo. Podo participar a prazas de Orientación?

               Si, ademais da especialidade pola que aprobe, sempre que posúa algunha das titula-
               cións que se refiren no apartado anterior.


                                          26
   23   24   25   26   27   28   29   30   31   32   33