Page 30 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 30
Dispoño do nivel B2 para poder impartir en bilingüismo. Como podo solicitar as prazas
bilingües?
En primeiro lugar débese ter en conta que debe figurar na base de datos de persoal
que posúe o nível de competencia lingüística. No caso de que non sexa así, deberá
poñerse en contacto co servizo de persoal para que llo inclúan.
As peticións deben formularse de modo independente de modo que se desexa que se
lle adxudique un centro ou unha localidade con bilingüismo e sen él deberá introducir
na aplicación web a mesma petición dúas veces: unha con bilingüismo e outra sen el.
Ademais, a orde na que introduza as peticións é importante, xa que se lle adxudicará
con prioridade segundo a orde na que formule as peticións. Deste xeito, se desexa que
se lle adxudique con prioridade unha vacante no centro con bilingüismo debe intro-
ducir antes esta petición que a petición de praza no mesmo centro sen bilingüismo.
Solicitei unha praza nunha localidade e resultoulle adxudicada a unha persoa que
pertence a un colectivo que se adxudica con posterioridade ao meu. Cal é a razón?
Na maioría dos casos, a motivación desta adxudicación débese á petición realizada.
Se a praza ofertada é unha praza con itinerancia ou con afíns e a súa petición non
inclúe as itinerancias ou afíns, non se lle adxudicará.
Neste caso, cómpre ter en conta que, se formula as peticións con itinerancia, o motor
de adxudicación sempre adxudicará con preferencia as vacantes sen itinerancias e sen
afíns, pero no caso de que a praza sexa con itinerancias e/ou afíns seralle adxudicada.
Por esta razón, se ten interese nunha localidade concreta, é importante que considere
formular as peticións con itinerancias e/ou afíns, xa que o motor de adxudicación ao
procesar a nosa petición actuará do seguinte xeito:
I
1º ntentará adxudicar as vacantes de todos os centros desa localidade, coa orde-
nación do anexo da convocatoria, e, dentro de cada un deles, de todas as espe-
cialidades posibles, sen afíns e sen itinerancia.
2º No caso de que non atope ningunha vacante do modo anterior, procederá a loca-
lizar as vacantes coas mesmas condicións, con afíns e que non sexan itinerantes.
3º Se non atopase tampouco ningunha vacante coas condicións anteriores, entón
procederá a localizar as vacantes coas mesmas condicións sen afíns e que sexan
itinerantes.
4º Por último, procederá a localizar as vacantes coas mesmas condicións con afíns
e que sexan itinerantes.
Xa que logo, se a petición á localidade a formula con Itinerancia SI e Afín SI, adxudica-
ráselle a petición primeiro sen itinerancia e sen afíns, pero no caso de que a vacante
sexa con itinerancia e/ou afíns poderáselle adxudicar.
Neste caso, non precisa formular varias peticións á mesma localidade, unha sen iti-
nerancia e/ou afíns e outra con itinerancia e/ou afíns, xa que, cunha soa petición, a
ferramenta informática adxudicará con preferencia as vacantes puras.
28