Page 34 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 34

CONCURSO XERAL DE TRASLADOS.
           CÓDIGO DE PROCEDEMENTO ED012A




          É obrigatorio presentar a solicitude electronicamente?
               Si, a orde de convocatoria deste procedemento establece que a solicitude de parti-
               cipación no concurso xeral de traslados se presentará por medios electrónicos na
               sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) no procedemento nor-
               malizado ED012A.


          Teño que presentar algunha documentación?

               Non, a convocatoria non permite presentar documentación neste procedemento.
               Para o caso de que precise actualizar e/ou modificar o seu expediente persoal para
               que se baremen estes méritos no concurso de traslados, debe achegar esta docu-
               mentación coa solicitude do procedemento normalizado ED011A.
               Polo tanto, terá que presentar na sede electrónica dúas solicitudes:
               a)  solicitude de concurso de traslados ED012A (sen achegar ningunha documenta-
                 ción adicional á solicitude)
               b)  solicitude de actualización e/ou modificación do expediente persoal (achegará
                 con esta solicitude toda a documentación xustificativa dos méritos que alegue e/
                 ou modifique).


          Presentei a solicitude de actualización e/ou modificación do meu expediente persoal
          mediante o procedemento normalizado ED011A e decateime de que non aleguei un
          mérito. Como podo solucionalo?

               Neste caso deberá proceder a formular unha nova solicitude ED011A, pero deberá
               realizar unha copia da última solicitude presentada (esta opción está dispoñible na
               aplicación web).
               Unha vez copiada a última solicitude, pode alegar o novo mérito e achegar a docu-
               mentación xustificativa.
               A convocatoria establece que só se terá en conta a última solicitude presentada na sede
               electrónica da Xunta de Galicia, de xeito que  se presenta dúas solicitudes con dife-
               rentes méritos  só se empregaría para a baremación do concurso a última presentada.











                                          32
   29   30   31   32   33   34   35   36   37   38   39