Page 38 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 38

O persoal funcionario de carreira do corpo de mestres con destino definitivo no pri-
          meiro e segundo curso da educación secundaria obrigatoria, en especialidades dis-
          tintas a Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe, poderá participar no concurso
          de traslados a prazas de educación infantil e primaria?

               Si.


          No suposto anterior, se a persoa obtén unha praza nun centro de educación infantil
          e primaria, poderá volver participar no concurso de traslados para obter unha praza
          do primeiro e segundo curso da educación secundaria obrigatoria?
               Non.


          No suposto de persoal docente do corpo de mestres que resulte suprimido nun posto
          do primeiro e segundo curso da educación secundaria obrigatoria, poderá seguir
          optando no concurso de traslados a obter un novo destino neses postos?

               Si. Disposición transitoria primeira.2 do Real decreto 1364/2010, do 29 de outubro.


          Unha persoa funcionaria docente en situación de excedencia voluntaria por interese
          particular concedida pola consellería poderá participar no concurso de traslados para
          reingresar ao servizo activo?

               Si, se ao finalizar o curso escolar no que se realicen as convocatorias transcorrese
               un ano desde que pasou a situación de excedencia voluntaria por interese particular
               e dous anos desde que obtivo o destino definitivo no que lle foi concedida a exce-
               dencia.


          Unha persoa que, procedente da situación de excedencia voluntaria por interese par-
          ticular, reingresase ao servizo activo con destino provisional está obrigada a partici-
          par no concurso de traslados?

               Si.

          No suposto anterior, se non participase no concurso, adxudicaráselle destino de
          oficio ou declararáselle novamente na situación de excedencia voluntaria?
               Adxudicaráselle destino de oficio.


          O persoal docente do corpo de mestres que queira exercer o dereito preferente está
          obrigado a facelo a centro?

               Non. Está obrigado a facelo á localidade na que estaba situado o seu centro de destino
               definitivo.


                                          36
   33   34   35   36   37   38   39   40   41   42   43