Page 37 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 37

O persoal funcionario docente con destino definitivo noutra comunidade autónoma e
          con destino provisional, en comisión de servizos, na Comunidade Autónoma de Gali-
          cia, no concurso de ámbito estatal, poderá presentar a súa solicitude na Comunidade
          Autónoma de Galicia?

               Non. Terá que presentar a súa solicitude na comunidade autónoma na que ten destino
               definitivo.


          O persoal funcionario de carreira do corpo de profesores de ensino secundario, que
          sexa titular de máis dunha especialidade, se quere participar por todas as especiali-
          dades, terá que presentar unha solicitude por cada especialidade?
               Non. Aínda cando se concurse por máis dunha especialidade ou se soliciten prazas
               de diferentes administracións educativas, en todos os corpos, o persoal concursante
               presentará unha única solicitude.


          O persoal funcionario de carreira do corpo de mestres que supera o procedemento
          selectivo e accede ao corpo de profesores de ensino secundario, por promoción
          interna, está obrigado a participar no concurso de traslados por este corpo para
          obter unha praza deste?
               Non, non está obrigado. Pode participar voluntariamente e solicitar unicamente aque-
               las prazas que lle interesen.


          O persoal funcionario de carreira do corpo de profesores de ensino secundario, ou
          do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ou do corpo de profesores de
          artes plásticas e deseño, que accede ao corpo correspondente de catedráticos, perde
          a antigüidade de permanencia ininterrompida no centro?
               Non.


          E perdería puntuación pola antigüidade no corpo?

               Non. A puntuación na subepígrafe 1.2 valórase cada ano de servizos prestados en
               situación de servizo activo como persoal funcionario nalgún dos corpos a que corres-
               ponda a vacante.


          O persoal docente funcionario de carreira do corpo de profesores de Música e Artes
          Escénicas, poderá no concurso de traslados solicitar prazas dos conservatorios supe-
          riores de música?
               Si. Para prazas que poidan ofertarse de nivel 24 e para impartir as materias propias
               do corpo de profesores de Música e Artes Escénicas.





                                          35
   32   33   34   35   36   37   38   39   40   41   42