Page 41 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 41
Que sucedería se unha persoa do grupo non obtén praza no provincia?
Consideraríanse desestimadas todas as solicitudes do grupo.
No suposto de que non obteñamos destino na resolución provisional do concurso,
debemos renunciar igual á participación no concurso de traslados se non queremos
obter destino?
Sen ningunha dúbida a resposta é afirmativa. Aínda que non obtivésemos destino
na resolución provisional do concurso, se non renunciamos podemos obter destino
na resolución definitiva, xa sexa como consecuencia da renuncia doutras persoas
participantes ou porque a Administración modifica as vacantes.
Pódese renunciar parcialmente á participación no concurso de traslados?
Non. Non se pode renunciar a determinadas peticións realizadas. Se se renuncia, é
para toda a participación no concurso.
Como formulo a renuncia á participación no concurso de traslados?
O persoal que participe voluntariamente no concurso de traslados poderá formular
a renuncia á participación no concurso por medios electrónicos mediante o trámite
activado para este efecto na Carpeta cidadá no prazo establecido na convocatoria.
A renuncia deberá realizarse tamén dentro dese mesmo prazo na páxina web do
concurso (www.edu.xunta.gal/cxt) na folla habilitada para estes efectos.
No suposto de obter unha praza doutra especialidade no mesmo centro, no corpo de
mestres, pérdese a puntuación por permanencia ininterrompida?
Non. Puntúase a permanencia ininterrompida no centro e non desde a praza concreta.
No suposto de obter unha praza doutra especialidades no mesmo centro, nos restan-
tes corpos, pérdese a puntuación por permanencia ininterrompida?
Tampouco. Desde a entrada en vigor do Real decreto 1364/2010, do 29 de outubro,
compútase a antigüidade no centro e non desde a praza concreta.
O persoal funcionario de carreira docente que estea suprimido cantos anos pode
estar sen participar no concurso de traslados?
Ningún. É obrigatorio participar no concurso de traslados con independencia de que
se exerza ou non o dereito preferente.
Se non se concursa, será destino de oficio.
39