Page 46 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 46
Como formulo a renuncia á participación no concurso específico?
O persoal que participe no concurso específico poderá formular a renuncia á partici-
pación ao concurso por medios electrónicos mediante o trámite activado para este
efecto na Carpeta cidadá no prazo establecido na convocatoria.
A renuncia deberá realizarse tamén dentro dese mesmo prazo na páxina web do
concurso (www.edu.xunta.gal/cxt) na folla habilitada para estes efectos.
CONCURSO-OPOSICIÓN
QUE SE DESENVOLVE POLO PROCEDEMENTO ORDINARIO. PREVISIBLEMENTE
CONVOCATORIA DO ANO 2024. VIXENTE O REAL DECRETO 276/2007, DO 23
DE FEBREIRO. CÓDIGO DE PROCEDEMENTO ED001A.
É obrigatorio presentar a solicitude electronicamente?
Si, a orde de convocatoria deste procedemento establece que a solicitude de parti-
cipación no procedemento selectivo se presentará por medios electrónicos na sede
electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) no procedemento normali-
zado ED001A.
Como podo ter a seguridade de que a solicitude está correctamente presentada?
Unha vez finalizada a presentación electrónica da solicitude, a sede electrónica per-
mite a descarga dun recibo de presentación onde figura a data e a hora de presenta-
ción, así como o número de rexistro de entrada da solicitude.
Onde podo consultar as listaxes de persoas admitidas e excluídas?
No portal da consellería competente en materia de educación: www.edu.xunta.gal.
Ademais, é preciso que verifique que figura correctamente o apartado referido á
exención da proba de lingua galega nesta listaxe de admisión e exclusión ao proce-
demento selectivo.
Onde se realizan as publicacións dos tribunais?
Na páxina web www.edu.xuntagal/oposicions
Na lapela Consultas públicas pódese seleccionar o tribunal ao que foi asignado cada
persoa aspirante e consultar todas as publicacións realizadas.
44