Page 50 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 50
A experiencia docente na universidade, ou na educación primaria, ou nas ensinanzas
de Artes Plásticas e Deseño equivale a formación pedagóxica e didáctica para ingre-
sar no corpo de profesores de ensino secundario?
Non. De conformidade coa resposta anterior, a experiencia ten que ser nos niveis e
ensinanzas cuxas especialidades docentes se regulan no Real decreto 1834/2008.
Neste real decreto establécense as especialidades dos corpos docentes de ensinanza
secundaria.
No apartado 1.1 do baremo do concurso-oposición regulado polo Real decreto
276/2007, do 23 de febreiro, baremase a experiencia docente unicamente na espe-
cialidade á que se opta?
Non. O Real decreto 276/2007 establece unha puntuación de 1,000 puntos por cada
ano de experiencia docente en especialidades do corpo ao que opta o persoal aspi-
rante. Polo tanto, tense en conta a experiencia docente en todas as especialidades
do corpo ao que opta a persoa aspirante, en centros públicos dependentes das admi-
nistracións educativas.
Se unha persoa ten unha experiencia docente de, por exemplo, 2 anos, 4 meses e 29
días, que valoración teñen na fase de concurso eses 29 días?
Ningunha. O Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, prevé que as convocatorias
establecerán a puntuación correspondente a cada mes/fracción de ano de maneira
proporcional á valoración total asignada a cada subepígrafe, pero non unha valoración
do resto dos días.
Nesta fase de concurso poden valorarse unha experiencia docente superior a cinco
anos se se fai en distintas subepígrafes?
Non. No anexo I do Real decreto 276/2007 recóllese que “para os efectos deste
apartado se terá en conta un máximo de cinco anos, cada un dos cales deberá ser
valorada unha soa das subepígrafes".
A experiencia docente no mesmo nivel ou etapa educativa que o impartido no corpo
ao que opta a persoa aspirante, en centros públicos non dependentes da Administra-
ción educativa ou de centros privados, en que subepígrafe se barema?
Na subepígrafe 1.3.
Que experiencia docente se valora na subepígrafe 1.2?
A experiencia docente en especialidades de distintos corpos ao que opta a persoa
aspirante, en centros públicos dependentes das administracións educativas.
48