Page 47 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 47

Como se achega a documentación que se debe presentar unha vez publicadas no
          Diario Oficial de Galicia as persoas que superan o procedemento selectivo?
               Por medios electrónicos no procedemento ED001A mediante o trámite activado para
               estes efectos na carpetá cidadá.

          Unha persoa coa titulación de grao en Educación Infantil pode presentarse a unha
          especialidade de primaria?
               Si. Non obstante, se non supera o procedemento selectivo só poderá fomar parte das
               listas de interinidades e substitucións desa especialidade se aproba a primeira proba
               da fase de oposición.


          Unha persoa coa titulación de graduado en Educación Infantil ou graduado en Edu-
          cación Primaria pode presentarse ao concurso-oposición para ingreso no corpo de
          profesores de ensino secundario?

               Si, sempre que acredite que posúe a formación pedagóxica e didáctica. A disposición
               adicional novena.2 da LOE establece que para o ingreso no corpo de profesores de
               ensino secundario será necesario posuír o título de grao universitario ou titulación
               equivalente para os efectos de docencia, ademais da formación pedagóxica e didác-
               tica á que se refire o artigo 100.2 desta lei.


          Unha persoa coa titulación de graduado en Educación Infantil ou graduado en Edu-
          cación Primaria pode presentarse ao concurso-oposición para acceder ao corpo de
          inspectores de educación?
               Non. A disposición adicional décima da LOE establece que “para acceder ao corpo de ins-
               pectores de educación é necesario pertencer a algúns dos corpos que integran a función
               pública docente con polo menos unha experiencia de oito anos nestes e posuír o título de
               doutor, máster universitario,licenciatura, enxeñaría, arquitectura ou título equivalente”.


          Para ingresar no corpo de catedráticos de Música e Artes Escénicas requirise a for-
          mación pedagóxica e didáctica?
               Non. O artigo 96 da LOE esixe acreditar a formación pedagóxica e didáctica para
               exercer a docencia das ensinanzas artísticas profesionais, pero non nas superiores.



          Para ingresar no corpo de profesores de Música e Artes Escénicas a LOE esixe acre-
          ditar a formación pedagóxica e didáctica en todas as especialidades?
               Non. A disposición adicional novena.2 da LOE exclúe de posuír este requisito nas
               especialidades propias de Arte Dramática, precisamente porque imparten ensinanzas
               artísticas superiores.


                                          45
   42   43   44   45   46   47   48   49   50   51   52