Page 48 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 48

Para ingresar no corpo de profesores de música e artes escénicas, esíxese neste intre
          acreditar a formación pedagóxica e didáctica?
               Neste intre non. O artigo 100.2 da LOE establece que “para exercer a docencia nas
               diferentes ensinanzas reguladas na presente lei, será necesario posuír as titulacións
               académicas correspondentes e ter a formación pedagóxica e didáctica que o Goberno
               estableza para cada ensinanza. De momento non está regulada a formación peda-
               góxica e didáctica destas ensinanzas”.


          Poden ingresar no corpo de catedráticos de Música e Artes Escénicas, mediante con-
          curso de méritos, persoas que non pertenzan ao corpo de profesores de música e
          artes escénicas?
               Si. A disposición adicional novena.3 da LOE establece que “o Goberno, logo de
               consultar ás comunidades autónomas, establecerá as condicións para permitir o
               ingreso no corpo de catedráticos de Música e Artes Escénicas, mediante concurso
               de méritos, a personalidades de recoñecido prestixio nos seus respectivos campos
               profesionais”.

          Para ingresar no corpo de profesores de ensino secundario, nas especialidades que
          imparten a educación secundaria obrigatoria e o bacharelato, o Goberno poderá
          determinar, para os efectos de docencia, titulacións equivalentes ás esixidas na lei?
               Non. A disposición adicional novena.7 da LOE limita esta posibilidade para o ingreso
               no corpo de profesores de ensino secundario ás materias ou áreas de especial rele-
               vancia para a formación profesional. En calquera caso, o ingreso realízase por espe-
               cialidades, polo que debemos interpretar que a lei se refire ás especialidades que
               imparten módulos profesionais.

          Para acceder ao corpo de catedráticos de ensino secundario, ademais de ser persoal
          funcionario de carreira do corpo de profesores de ensino secundario, é sempre nece-
          sario ter a titulación de grao universitario, licenciatura, enxeñaría ou arquitectura?
               Non sempre. Poderase acceder tamén cunha titulación declarada equivalente para os
               efectos de docencia, pero este acceso estará limitado ás especialidades que teñan
               unha titulación declarada equivalente e a esas titulacións concretas.
               Para acceder ao corpo de catedráticos de ensinanza secundaria, de catedráticos de
               escolas oficiais de idiomas, de catedráticos de Música e Artes Éscénicas e de cate-
               dráticos de Artes Plásticas e Deseño, deberase contar cunha antigüidade mínima no
               corresponde corpo de oito anos como funcionario de carreira, de acordo co disposto
               na disposición adicional duodécima.2 da LOE. Na Comunidade Autónoma de Galicia
               compútanse para estes efectos o tempo de servizos prestados como persoal funcio-
               nario interino ou persoal funcionario en prácticas, en aplicación da Directiva europea
               1999/70.





                                          46
   43   44   45   46   47   48   49   50   51   52   53