Page 55 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 55
CORPO DE PROFESORES TÉCNICOS DE FORMACIÓN
PROFESIONAL. EXTINCIÓN. INTEGRACIÓN DO PERSOAL
FUNCIONARIO NOUTROS CORPOS
Algunhas respostas dependen da redacción final do Real decreto 800/2022 polo que se regula
integración do profesorado do corpo que se extingue de profesores técnicos de formación
profesional no corpo de profesores de ensino secundario e se modifican diversos reais decretos
relativos ao profesorado de ensinanzas non universitarias.
Que lei declara a extinción do corpo de profesores técnicos de formación profesional?
A Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro (LOMLOE).
Na nova redacción que lle dá á disposición adicional sétima da LOE, establece:
“1. A función pública docente ordénase nos seguintes corpos:
c) O corpo en extinción de profesores técnicos de formación profesional, que des-
empeñará as súas funcións na formación profesional e, excepcionalmente, nas
condicións que se establezan, na educación secundaria obrigatoria”.
Que disposición regula a integración do persoal funcionario de carreira do corpo en
extinción de profesores técnicos de formación profesional no corpo de profesores
de ensino secundario?
A disposición adicional décimo primeira da Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro.
Esta disposición foi obxecto dunha nova redacción pola Lei orgánica 3/2022, do 31
de marzo, de ordenación e integración da formación profesional.
Poderase seguir nomeando persoal funcionario interino do corpo de profesores téc-
nicos de formación profesional?
Si. A disposición transitoria cuarta da Lei orgánica 3/2022, do 31 de marzo, de orde-
nación e integración da formación profesional establece:
“Habilitaranse as administracións educativas para que, en tanto non se complete o
desenvolvemento regulamentario que proceda das disposicións sobre o profesorado
de formación profesional, establecidas na presente lei e na Lei orgánica 2/2006, do
3 de maio, de educación, poidan realizar selección de funcionarios de carreira das
convocatorias derivadas das ofertas de emprego público aprobadas, no corpo de
profesores técnicos de formación profesional, así como nomeamentos de persoal
interino nese corpo, cos requisitos que existían para el”.
53