Page 58 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 58
“4. O profesorado do corpo en extinción de profesores técnicos de formación pro-
fesional que non quedase integrado no corpo de profesores de ensino secundario,
permanecerá no corpo extinción de profesores técnicos de formación profesional,
mantendo a súa atribución docente e todos os dereitos inherentes á súa condición
de funcionario. Malia o anterior, este profesorado poderá participar nos procesos de
promoción interna que se convoquen”.
O profesorado do corpo en extinción de profesores técnicos de formación profesional,
das especialidades que se crean no novo corpo de profesores especialistas de secto-
res singulares da formación profesional, que non se integre no corpo de profesores de
ensino secundario integrarase no novo corpo de profesores especialistas de sectores
singulares da formación profesional?
Non. A lei non prevé esta integración. Quedará no corpo en extinción de profesores
técnicos de formación profesional.
Unha persoa funcionaria de carreira do corpo en extinción de profesores técnicos de
formación profesional, con destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia e
en comisión de servizos na Comunidade Autónoma de Madrid, en que convocatoria
do procedemento de integración deberá participar?
Pola Comunidade Autónoma de Galicia. O artigo 3.2 do Real decreto 800/2022 polo
que se regulará o procedemento de integración establece que “o profesorado do cor-
poen extinción de profesores técnicos de formación profesional só poderá participar
na convocatoria que efectúe a Administración educativa na que teña destino definitivo
ou se encontre en expectativa de destino”.
O profesorado do corpo en extinción que estea na situación de excedencia por inte-
rese particular poderá participar no procedemento de integración no corpo de profe-
sores de ensino secundario?
Non, de acordo coa redacción do Real decreto 800/2022 polo que se regulará o
procedemento de integración.
Poderá participar o profesorado que estea na situación de servizo activo ou nas situa-
cións administrativas de servizos especiais, excedencia por coidado de familiares, exce-
dencia por razón de violencia de xénero ou excedencia por razón de violencia terrorista.
As administracións educativas deberán realizar a convocatoria do procedemento de
integración na mesma data?
Non. O Real decreto 800/2022 polo que se regulará o procedemento de integración
prevé que as administracións educativas deberán efectuar unha convocatoria pública
para o profesorado do corpo en extinción de profesores técnicos de formación profe-
sional que reúna os requisitos e cumpra as condicións establecidas poida integrarse no
corpo de profesores de ensino secundario, pero non establece un prazo para a convoca-
toria. Si establece que o prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles.
56