Page 63 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 63

No suposto anterior, se o número de solicitudes de cesamento fose maior que o de
          persoal funcionario que deba cesar, os criterios de prioridade para optar serán:
               •  O maior número de anos de servizos efectivos como persoal funcionario de carreira.
               •  A maior antigüidade con destino definitivo ininterrompido na praza.
               •  O ano máis antigo de ingreso no corpo.
               •  A pertenza ao corpo de catedráticos.
               •  A maior puntuación obtida no procedemento selectivo de ingreso no corpo.





           DEREITOS DAS PERSOAS NAS SÚAS RELACIÓNS COAS
           ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS
           LEI 39/2015, DO 1 DE OUTUBRO, DO PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO
           COMÚN DAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS (BOE NÚM. 236, DO 2 DE
           OUTUBRO). ARTIGO 13
               a)  A comunicarse coas administracións públicas a través dun punto de acceso xeral
                 electrónico da Administración.
               b)  A ser asistidas no uso de medios electrónicos nas súas relacións coas adminis-
                 traciónspúblicas.
               c)  A utilizar as linguas oficiais no territorio da súa comunidade autónoma, de acordo
                 co previsto nesta lei e no resto do ordenamento xurídico.
               d)  A acceder á información pública, arquivos e rexistros, de acordo co previsto na Lei
                 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo
                 goberno e o resto do ordenamento xurídico.
               e)  A ser tratadas con respecto e deferencia polas autoridades e persoal empregado
                 público, que haberá de facilitarlles o exercicio dos seus dereitos e o cumprimento
                 das súas obrigacións.
               f)  A esixir as responsabilidades das administracións públicas e autoridades, cando
                 así corresponda legalmente.
               g)  A obter e utilizar os medios de identificación e sinatura electrónica establecidos
                 nesta lei.
               h)  Á protección de datos de carácter persoal e, en particular, á seguridade e con-
                 fidencialidade dos datos que figuren nos ficheiros, sistemas e aplicacións das
                 administracións públicas.
               i)   Calquera outro que lles recoñezan a Constitución e as leis.










                                          61
   58   59   60   61   62   63   64   65   66   67   68