Page 68 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 68

Unha persoa funcionaria de carreira do corpo de profesores técnicos de formación
          profesional con quince anos de servizo accede ao corpo de profesores de ensino
          secundario e leva tres de servizo neste corpo. Pode presentarse ao concurso de méri-
          tos para acceso á dirección?

               Si. Neste intre non se esixe ter unha antigüidade de, polo menos, cinco anos no corpo
               da función pública docente desde o que se opta. O requisito é ter unha antigüidade de
               polo menos cinco anos como persoal funcionario na función pública docente.


          Unha persoa funcionaria de carreira do corpo de profesores de ensino secundario,
          reúne o requisito para ser candidata á dirección dunha escola oficial de idiomas?

               En principio, non. Un dos requisitos para presentarse á dirección dun centro docente
               público é “exercer funcións docentes como persoal funcionario, durante un período
               de polo menos cinco anos, nalgunha das ensinanzas das que ofrece o centro ao que
               se opta”.


          Unha persoa funcionaria de carreira do corpo de mestres que preste servizos nun
          instituto nos dous primeiros cursos da educación secundaria obrigatoria reúne o
          requisito para ser candidata á dirección?

               Si, reúne o requisito de exercer funcións docentes como persoal funcionario, durante
               un período de polo menos cinco anos, nalgunha das ensinanzas das que ofrece o
               centro ao que se opta.


          E se a persoa do corpo de mestres que presta servizos no instituto é da especialidade
          de Pedagoxía Terapéutica ou de Audición e Linguaxe?

               Tamén. Así se recolle expresamente no artigo 4.1.c) do proxecto de decreto polo que
               se regula a selección, nomeamento e cesamento das direccións dos centros docentes
               públicos que imparten as ensinanzas reguladas na LOE.


          O persoal funcionario de carreira do corpo de mestres e do corpo de profesores de
          ensino secundario reúne os requisitos para presentar candidatura á dirección dun
          centro público integrado?
               Si, porque nestes centros impártese tanto o nivel de educación primaria como o nivel
               de educación secundaria.


          O persoal docente que estea en comisión de servizos na Consellería de Cultura, Edu-
          cación, Formación Profesional e Universidades reúne o requisito para presentar a
          candidatura á dirección?

               Si. Incluso pode presentarse o persoal que non estea prestando servizos, como é o
               caso dos que están na situación de excedencia voluntaria.


                                          66
   63   64   65   66   67   68   69   70   71   72   73