Page 62 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 62

Cales son os criterios de perda do destino definitivo, nos corpos que imparten as
          ensinanzas secundaria e de réxime especial, para o persoal que accedeu a estes a
          través de procedementos de provisión de postos convocados con posterioridade á
          entrada en vigor do Decreto 140/2006, do 31 de agosto?

               Unha persoa do corpo de catedráticos por especialidade terá dereito preferente para
               quedar con destino definitivo no centro.
               •  Menor antigüidade ininterrompida como definitivo na praza.
               •  Menor tempo de servizos como persoal funcionario do corpo.
               •  Ano máis recente de ingreso no corpo.
               •  Non pertencer ao corpo de catedráticos.
               •  A menor existencia de cargas familiares, nomeadamente, menores de 6 anos e
                 persoas con discapacidades severas.
               •  Menor puntuación obtida no procedemento selectivo de ingreso no corpo.



          No suposto anterior, se o número de solicitudes de cesamento fose maior que o de
          persoal funcionario que deba cesar, cales son criterios de prioridade para optar?
               •  Maior antigüidade con destino definitivo ininterrompido na praza.
               •  Maior número de anos de servizos efectivos como persoal funcionario de carreira.
               •  Ano máis antigo de ingreso no corpo.
               •  Pertencer ao corpo de catedráticos.
               •  A maior existencia de cargas familiares, nomeadamente, menores de 6 anos e
                 persoas con discapacidades severas.
               •  A maior puntuación obtida no procedemento selectivo de ingreso no corpo.


          De conformidade coa disposición transitoria do Decreto 140/2006, do 31 de agosto,
          para o persoal funcionario docente que imparte ensinanzas de secundaria ou de
          réxime especial que acceden ao centro en virtude de procedementos de provisión
          de postos convocados con anterioridade á entrada en vigor do citado decreto, se
          ninguén opta voluntariamente polo cesamento, cales son os criterios da perda do
          destino definitivo que se aplicarán sucesivamente?
               •  Unha persoa do corpo de catedráticos por especialidade terá dereito preferente
                 para quedar con destino definitivo no centro.
               •  Menor tempo de servizos efectivo como persoal funcionario de carreira do corpo.
               •  Menor antigüidade ininterrompida como definitivo na praza.
               •  Ano máis recente de ingreso no corpo.
               •  Non pertencer ao corpo de catedráticos.
               •  Menor puntuación obtida no procedemento selectivo de ingreso no corpo.





                                          60
   57   58   59   60   61   62   63   64   65   66   67