Page 5 - Revista ANPE 625
P. 5
DOCENTES DO ENSINO PÚBLICO COMA TI.
▶ SEXENIOS
É un complemento que cobrarás cada vez que acumules seis anos de servizo como funcionario docente.
P
ara percibilo hai que ter 100 horas de cursos homologados realizados ao longo deses seis anos anteriores ao
cumprimento do sexenio, durante os períodos en que se tivese contrato coa Consellería. A partires de outubro de
2029 será preciso tamén acreditar o nivel B1 de Competencia Dixital Docente.
on é necesario presentar documentación algunha se os cursos están homologados pola Consellería de Educación
N
de Galicia ou os tes recollidos na aplicación de FPROFE.
A
diferenza do trienio, cada sexenio supón unha cantidade distinta segundo se trate do primeiro, do segundo,
terceiro, cuarto ou quinto; polo tanto non se acumulan as cantidades, cobrarase segundo o que sexa.
É compatible cos trienios, é dicir, con 6 anos de servizo como docente cobraranse 2 trienios e 1 sexenio.
ANPE-Galicia ofrece os seus servizos xurídicos aos afiliados que queiran reclamar o recoñecemento de trienios e sexenios
perfeccionados durante o ano de prácticas.
ADQUISICIÓN DE NOVAS ESPECIALIDADES
▶ No caso do corpo de MESTRES:
Unha vez nomeados/as funcionarios/as de carreira do Corpo de Mestres, poderase solicitar o recoñecemento de
novas especialidades pola obtención de títulos universitarios, segundo o Anexo do Real Decreto 1594/2011, de 4 de
novembro (BOE 9 de novembro). A especialidade de primaria, agás para os/as titulados/as de Grao, recoñécese de
oficio, non hai que solicitala.
▶ Resto de corpos: Unicamente a través de procedementos selectivos.
PRESTACIÓN SANITARIA (MUFACE)
Se es docente non universitario de nova incorporación ou pertences a un corpo con período de prácticas, tes OBRIGATO-
RIAMENTE que completar a solicitude de alta en MUFACE de xeito electrónico e soamente DESPOIS DE SER NOMEADO
como funcionario en prácticas ou de carreira. Recibirás información ao respecto nun correo electrónico de MUFACE,
que se enviará ao enderezo que proporcionaches ao teu departamento de persoal. Non debes solicitar nada ata que
recibas este correo electrónico.
Tes toda a información neste enlace: https://www.muface.es/muface_Home/Nuevos-Mutualistas.html
Recibiredes a tarxeta sanitaria da entidade elixida, agás os da SS, que teredes que ir a solicitala ao centro de saúde
correspondente. Lembrarvos que, desde o día 15 de xullo de 2025 está en funcionamento a receta electrónica para os e
as mutualistas de entidades privadas polo que deberedes ir ao voso facultativo de referencia para que vos active dita
funcionalidade na tarxeta sanitaria.
Ademais, recomendamos que todos os mutualistas obteñan canto antes un sistema de identificación electrónica válida
(Cl@ve Permanente ou Cl@ve PIN, Certificado Electrónico ou DNI electrónico) para interactuar con MUFACE.
Cada mes de XANEIRO e de XUÑO poderedes cambiarvos voluntariamente de aseguradora médica e, nun caso moi
excepcional, en calquera outro mes.
ASISTENCIA NO ESTRANXEIRO: Tarxeta sanitaria europea (hai que solicitala e ten unha validez de 2 anos).
XUBILACIÓN
Desde o 1 de xaneiro de 2011, todos/as os/as novos/as funcionarios/as pertencen ao Réxime Xeral da Seguridade Social a
nivel de xubilación; os anteriores pertencen ao que se chama Clases Pasivas (a extinguir).