Page 2 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 2
DOCENTES DO ENSINO PÚBLICO COMA TI.
EN PRIMEIRO LUGAR QUEREMOS FELICITARTE
POLA SUPERACIÓN DO PROCEDEMENTO SELECTIVO
ASPECTOS MÁIS RELEVANTES QUE DEBES TER EN CONTA
Os seleccionados no concurso-oposición teñen, para a Administración, a consideración de funcionarios/as en prácticas;
é importante que teñades en conta as seguintes puntualizacións.
O regulamento desta fase está recollido na Orde pola que se convocan procedementos selectivos de acceso ao corpo
de inspectores de educación e ao corpo de profesores de ensino secundario e de ingreso ao corpo de profesores de
ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de mestres e ao corpo de profesores
especialistas en sectores singulares da formación profesional, e procedemento de adquisición de novas especialidades
por parte do persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas
oficiais de idiomas, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e mestres da Comunidade
Autónoma de Galicia.
CADP: O persoal aspirante que supere o procedemento selectivo deberá efectuar a solicitude no prazo de dous
días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da lista de aprobados polos tribunais cualificadores no
centro onde se realizaron as probas e na páxina web da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e
Universidades.
TOMA DE POSESIÓN
A toma de posesión como persoal funcionario en prácticas ten efectividade determinada na resolución pola que se
publica a adxudicación de destinos provisionais para o vindeiro curso académico: 1 de setembro para todos os corpos.
ENTREGA DE DOCUMENTACIÓN para a toma de posesión:
No prazo de 20 días hábiles contados desde o día seguinte a aquel en que se fagan públicas as listas de persoas apro-
badas no Diario Oficial de Galicia, o persoal aspirante aprobado deberá presentar por medios electrónicos e dirixido á
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Univer-
sidades os seguintes documentos:
a) Certificado médico acreditativo de non padecer ningunha enfermidade nin estar afectado ou afectada por limita-
ción física ou psíquica que sexa incompatible co exercicio da docencia. A persoa aspirante que fixese valer a súa
condición de persoa con discapacidade deberá, se non o fixo anteriormente, presentar certificación dos órganos
competentes da Consellería de Política Social que acredite tal condición, e tamén terá que presentar certificado
dos citados órganos ou da Administración sanitaria, acreditativo da compatibilidade co desempeño das tarefas e
funcións correspondentes.
b) Declaración responsable de que non foron separados ou separadas, mediante expediente disciplinario, do servizo do
corpo ao que se pretende ingresar en ningunha Administración pública e de non estar inhabilitados ou inhabilitadas
para o exercicio de funcións públicas, conforme o modelo que figura como anexo XII da convocatoria, que estará
dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Igualmente, o persoal aspirante que non posúa a nacionalidade española deberá presentar declaración responsable
de non estar sometido a sanción disciplinaria ou condena penal que impida no seu Estado o acceso á función pública,
segundo o mesmo modelo do anexo XII, que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (Código de
procedemento: ED001A).
c) Certificado de non ter antecedentes por delitos sexuais, só no caso de denegar expresamente a consulta de datos
do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais.