Page 4 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 4

DOCENTES DO ENSINO PÚBLICO COMA TI.







                 A
                presidencia da comisión cualificadora, en caso de informes desfavorables, disporá que o inspector ou inspectora
                 de Educación do centro en que presta servizos o funcionario ou a funcionaria que está realizando as prácticas
                 visite o dito centro e avalíe na aula as súas aptitudes didácticas como docente. O informe da inspección engadirase
                 aos do/da director/a e profesor/a titor/a para que, xunto co informe-memoria final realizado polo funcionario ou
                 a funcionaria en prácticas, sirvan para a avaliación que debe facer a comisión cualificadora.
                A cualificación será “APTO” ou “NON APTO” (se non se superase esta fase, pódese repetir por unha soa vez coa
                 seguinte promoción).





                              CONCURSO XERAL DE TRASLADOS



           Adóitase convocar a finais de outubro ou novembro. Os funcionarios en prácticas teñen a obriga de participar na
           comunidade autónoma onde aprobaron a oposición. A obtención do destino está condicionada á superación da fase
           de prácticas e ás vacantes existentes.

           Neste primeiro concurso só poderán obter destino pola especialidade pola que superaron o procedemento selectivo;
           nos sucesivos concursos poderán participar por todas as especialidades que teñan recoñecidas e poderáselles asignar
           destino por calquera.
           Unha vez obtido o destino definitivo, é obrigatorio permanecer neste polo menos dous cursos. De acordo co previsto
           no artigo 10.d) do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, o persoal que ingrese en virtude desta convocatoria deberá
           obter o seu primeiro destino definitivo en centros xestionados pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e
           Formación Profesional a través da súa participación forzosa nos procedementos de provisión que se convoquen.





                        RECOÑECEMENTO DE SERVIZOS PREVIOS

                         NOUTRAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

                                            (TEMPO COMO INTERINO/SUBSTITUTO)

           «O persoal aspirante que superou a fase de oposición do proceso selectivo e que xa esté prestando servizos remu-
           nerados na Administración como funcionarios, interinos, contratados administrativos ou como persoal laboral, sen
           prexuízo da situación administrativa ou laboral que, de acordo coa normativa vixente lles corresponda, deberán
           formular opción pola percepción das remuneracións durante a súa condición de persoal funcionario en prácticas, de
           conformidade co previsto no artigo 141 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia. Na falta de opción
           expresa, enténdese que se opta pola retribución de persoal funcionario en prácticas».
           É dicir, unha vez teñades destino, e á vez que presentades a documentación para a toma de posesión, as persoas que
           teñan trienios ou sexenios deberán solicitar que queren cobrar durante o curso no que son funcionarios en prácticas
           como persoal interino/substituto; en caso contrario non cobrarían os trienios/sexenios consolidados ata que sexan
           nomeados/as funcionarios/as de carreira.
           Unha vez nomeado/a funcionario/a de carreira, é importante solicitar o recoñecemento de servizos previos a efectos
           do cobro de trienios ou sexenios, sempre e cando non fosen desempeñados para a Consellería de Educación Galega.
           Recoñécense os servizos prestados para calquera administración pública a efectos de trienios. O Complemento de
           Sexenio é unicamente relativo ao tempo traballado en calquera Administración pública educativa.

           ▶  TRIENIOS

               É un complemento de antigüidade que cobrarás cada vez que acumules tres anos de servizo na administración pública.
                contía do trienio é constante, é dicir, todos os trienios se remuneran con igual contía.
                 A
   1   2   3   4   5   6   7   8