Page 3 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 3
DOCENTES DO ENSINO PÚBLICO COMA TI.
DURACIÓN DO PERÍODO DE PRÁCTICAS
A duración da fase de prácticas será de catro meses. A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos poderá flexi-
bilizar este período por causas xustificadas (BAIXAS, EMBARAZOS…).
Eses catro meses poden retrasarse do inicio normal sempre e cando ese período “alternativo” conteña en total eses
catro meses e sexa durante este curso escolar.
Desenvolvemento da fase de prácticas
Ao centro terá que chegar unha carta, dirixida ao voso titor/a con indicacións expresas sobre como desenvolver estas
prácticas, data de entrega da memoria, puntos que haberá que mencionar e documentos que deberá asinar o director/a
e o titor/a que deben adxuntarse á dita memoria.
▶ Comisións de Avaliación. En cada departamento territorial constituirase unha comisión cualificadora integrada pola
xefatura da inspección provincial, que exercerá a súa presidencia; dous/dúas inspectores/as de educación e dous/
dúas directores/as de centros, designados/as pola xefa ou xefe territorial.
▶ Titor/a. O exercicio da docencia durante a fase de prácticas desenvolverase baixo a titoría dunha persoa funcionaria
de carreira do mesmo corpo, experimentada e preferentemente da especialidade correspondente, designada pola
comisión cualificadora da provincia.
▶ Funcións do titor/a:
Asesorar, informar e avaliar ao funcionario en prácticas sobre:
– A organización e o funcionamento do centro e dos seus órganos de goberno, de participación e de coordi-
nación didáctica.
– Sobre a programación didáctica da materia ou dos módulos profesionais, a programación de aula e a ava-
liación dos alumnos.
Orientar en todo o que presente dificultade.
Emitir un informe final que remitirá á comisión cualificadora.
▶ Actividades de formación. Formando parte da fase de prácticas, o persoal aspirante seleccionado pola quenda de
ingreso libre e reserva de persoas con discapacidade deberá realizar:
U
n curso de formación de lingua galega de 20 horas de duración. Este curso, que será programado polo Servizo
de Formación do Profesorado, consistirá nunha formación específica sobre a terminoloxía, os estilos, os aspectos
sociolingüísticos e a linguaxe propia da especialidade que lle permita ao persoal funcionario en prácticas desen-
volver correctamente en galego as súas funcións e tarefas.
U
n curso de formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero para a obtención do nivel
básico de coñecemento regulado no Decreto 70/2017, do 13 de xullo, polo que se regula a formación en igual-
dade e prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal ao servizo da Administración da Comunidade
Autónoma de Galicia.
U
nhas xornadas formativas de coñecemento da Administración educativa galega, que serán organizadas polo
Servizo de Programas de Formación.
▶ Avaliación:
As persoas aspirantes elaborarán un informe-memoria final no cal farán unha valoración global da súa activi-
dade, así como das dificultades encontradas e dos apoios recibidos. Este informe será entregado ao remate da
fase de prácticas á comisión cualificadora.
Ao finalizar os catro meses das prácticas daranvos un tempo para que poidades realizar dita memoria, nor-
malmente a data de entrega deste documento vén especificada na carta mencionada dirixida ao voso/a titor/a.
(Adxuntámosvos un guión orientativo).
A
avaliación do persoal aspirante será efectuada pola comisión cualificadora a partir dos informes emitidos
polo profesor-titor, a dirección do centro, o persoal responsable das actividades de formación e, se é o caso, o
inspector ou inspectora responsable do centro, e do informe presentado polo propio aspirante.