Permisos, Licenzas, reducións de xornada e excedencias

PERMISOS 3 - Fotocopia cotexada do libro de familia ou inscrición de nacemento no Rexistro Civil da filla ou fillo menor que xera o dereito o permiso. - Documento xustificativo da necesidade de realización de exames prenatais e técnicas de preparación ao parto dentro da xornada laboral e o documento de asistencia. - Documento xustificativo da necesidade de asistencia ás preceptivas sesións de información e preparación e para a realización dos preceptivos informes psi- colóxicos e sociais previos á declaración de idoneidade nos casos de adopción ou acollemento, ou garda con fines de adopción e o documento de asistencia. - Fotocopia cotexada do libro de familia ou da inscrición no Rexistro Oficial de Parellas de Feito (só no caso de que o cónxuxe ou parella de feito acompañe a persoa que xera o dereito). - Fotocopia cotexada da partida de nacemento da filla ou fillo que xera o de- reito ao permiso. - Documento que acredite a hospitalización da filla ou fillo que xera o dereito ao permiso ou da condición de prematuro. Permiso por lactación dun fillo Art. 7 menor de 12 meses Redacción Real decreto lei 6/2019 - Art. 48.f EBCP 1. Terán dereito a este permiso a nai biolóxica e o outro proxenitor dife- rente da nai biolóxica. Este permiso constitúe un dereito individual do empregado público, non é transferible. 2. O dereito consiste nunha hora de ausencia ao traballo que poderá dividirse en dúas fraccións. Poderá optarse por unha redución de xor- nada de media hora ao inicio e á fin da xornada ou ben unha hora ao inicio ou á fin. 3. Como se establece no artigo 7.3 da Orde do 29 de xaneiro de 2016 pola que se regula o réxime de permisos, licenzas e vacacións do persoal docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, o tempo correspondente a este permiso pode acumularse total ou parcialmente en xornadas completas, ata unmáximo de catro semanas. Estamodalidade poderase gozar unica- mente a partir da finalización do permiso por nacemento, adopción, garda, acollemento ou poderá gozalo o proxenitor diferente da nai biolóxica respectiva, ou unha vez que, desde o nacemento do menor, transcorrese un tempo equivalente ao que comprenden os citados permisos. Polo tanto, o proxenitor diferente da nai biolóxica poderá iniciar o gozo deste permiso: - No ano 2021, ao transcorrer 16 semanas desde o nacemento, da decisión xudicial de garda con fins de adopción ou acollemento ou da decisión xudicial pola que se constitúa a adopción. - A nai biolóxica ou a persoa que goce do permiso por adopción, por garda con fins de adopción ou acollemento, tanto tempo- ral como permanente, gozará deste permiso a partir das 22 semanas ou, se fose o caso, das semanas que coa ampliación do permiso procedesen. 4. No caso de gozar deste permiso por xornadas completas, tenderase a que estas sexan, como mínimo, de dúas semanas continuadas. 5. Nos supostos de adopción ou acollemento, o dereito ao permiso por lactación pode exercerse durante o ano seguinte á efectividade da resolución xudicial ou administrativa de adopción ou acollemento, sempre que no momento desa efectividade o menor non fixese os doce meses. 6. Nos supostos de parto, adopción ou acollementomúltiple, a duración do permiso por lactación incrementarase en proporción ao número de fillos. 7. Cando non se produza a acumulación en xornadas completas, no caso de conflito entre os dereitos do alumnado e do profesorado, a hora diaria de ausencia ao traballo terase que gozar no horario complemen- tario fixo ou de obrigada permanencia no centro. 8. O persoal substituto terá dereito a acumular a hora de lactación e a gozar dos días, en proporción aos servizos prestados, desde que remate o permiso por parto ou adopción ou acollemento ata que finalice o curso escolar ou o fillo ou filla cumpra os doce meses. 9. A duración deste permiso non se verá incrementada polo feito de que a nai biolóxica ou o outro proxenitor distinto da nai biolóxica non poidan gozar del, por calquera circunstancia. 10. O gozo deste permiso en xornadas completas non ten que rea- lizarse inmediatamente despois das vinte e dúas semanas desde o na- cemento sempre que se goce con anterioridade a que o fillo ou filla faga os doce meses. Retribuído  Anexo IV X.T. Permiso para a realización Art. 9 de exames prenatais e técnicas de preparación ao parto As funcionarias embarazadas terán dereito aos permisos ne- cesarios para a realización de exames prenatais e técnicas de preparación ao parto e, nos casos de adopción ou acollemento, ou garda con fins de adopción, para a asistencia ás preceptivas sesións de información e preparación e para a realización dos preceptivos informes psicolóxicos e sociais previos á declaración de idoneidade, polo tempo necesario para a súa práctica e logo de xustificación da necesidade da súa realización dentro da xor- nada de traballo. O persoal funcionario terá o mesmo dereito e nas mesmas condi- cións, para acompañar o seu cónxuxe ou parella de feito á realiza- ción de exames prenatais e técnicas de preparación ao parto, para a asistencia ás preceptivas sesións de información e preparación e para a realización dos preceptivos informes psicolóxicos e so- ciais previos á declaración de idoneidade. Retribuído  Anexo V DIR Por nacemento de fillos Art. 8 prematuros ou que por calquera outra causa deban permanecer hospitalizados a continuación do parto 1. Nos casos de nacemento de fillos prematuros ou que por calquera outra causa deban permanecer hospitalizados a continuación do parto, o persoal funcionario terá dereito a ausentarse do posto de traballo durante un máximo de dúas horas diarias mentres dure o período de hospitalización, coa percepción íntegra das súas retribucións. 2. Así mesmo, nestes mesmos casos o persoal funcionario ten dereito a unha redución da súa xornada de traballo diaria ata unmáximodedúas horas, coadiminuciónproporcional das súas retribucións. 3. Mentres a filla ou fillo prematuro permaneza no centro hos- pitalario, poderá facerse uso acumulado dos dereitos previs- tos nos parágrafos 1 e 2, coas repercusións retributivas que en cada caso se indican. A redución de xornada con dedución retributiva prevista no parágrafo 2 procederá tamén a partir da alta hospitalaria mentres a filla ou fillo prematuro precise coidados polo tempo que determine o informe médico. 4. No caso de conflito entre os dereitos do alumnado e do pro- fesorado, as horas diarias de ausencia ao traballo teranse que gozar no horario complementario fixo. Retribuído  Anexo IV X.T. Orde 29/01/2016 R.D. Lei 6/2019

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=