Permisos, Licenzas, reducións de xornada e excedencias

PERMISOS 2 - As direccións dos centros determinarán os documentos xustificativos necesarios. - Certificado ou certificados de empadroamento. - Informe do traballador social no cal acredite as persoas que confor- man a unidade familiar. - Documento acreditativo da asistencia á proba de aptitude, exame final ou proba de acceso ou ingreso á función pública no cal figure o lugar, a data e o centro de realización. Permiso por falecemento, accidente ou enfermidade graves, Art. 3 hospitalización ou intervención cirúrxica dun familiar 1. Nos casos de falecemento, accidente ou enfermidade graves, hospi- talización ou intervención cirúrxica sen hospitalización que precise repouso domiciliario do cónxuxe ou parella de feito ou dun familiar dentro do primeiro grao de consanguinidade ou afinidade, o per- soal funcionario ten dereito a un permiso de tres días hábiles cando o suceso se produce na mesma localidade e de cinco días hábiles se se produce en distinta localidade. 2. Nos casos de falecemento, accidente ou enfermidade graves, hospitalización ou intervención cirúrxica sen hospitalización que precise repouso domiciliario dun familiar dentro do segundo grao de consanguinidade ou afinidade, o persoal funcionario ten dereito a un permiso de dous días hábiles cando se produza na mesma localidade e de catro días hábiles cando sexa en distinta localidade. Enténdese que a enfermidade é grave se é algunha das enunciadas no anexo do Real decreto 1148/2011, do 29 de xullo, para a apli- cación e o desenvolvemento no sistema da Seguridade Social, da prestación económica por coidado de menores afectados por cancro ou outra enfermidade grave ou na norma que o substitúa, ou cando así o determine o informe médico que clasifique unha enfermidade como grave de acordo co disposto no citado real decreto. 3. Nos casos de falecemento, os días nos que se faga uso deste per- miso deberán ser consecutivos e inmediatamente posteriores ao feito que xera o dereito a el. Nos demais casos, poderá facerse uso dos días de forma descontinua mentres persista o feito causante e ata o máximo de días establecido. Computarase, en todos os casos, o día do feito causante unicamente cando a persoa non preste servizos ese día e lle correspondese prestalos. 4.  Para os efectos do gozo deste permiso, considéranse inhábiles os sábados, domingos e festivos. 5. No caso de hospitalización, entenderase que esta se produce cando supoña a estancia hospitalaria que inclúe una noite e unha comida principal no centro hospitalario. Neste caso, se os días de hospitali- zación son inferiores ao tempo máximo deste permiso, este quedará limitado aos días de hospitalización, agás que esta hospitalización leve aparellado repouso domiciliario, que entón este tempo compu- tarase para completar o período máximo permitido. 6. Para os efectos de determinar a duración do permiso, terase en conta a localidade de residencia que o funcionario ou funcionaria comunicase previamente ao centro educativo ou, no seu defecto, á Administración educativa. No caso de intervención cirúrxica sen hospitalización que requira repouso domiciliario, será a localidade na que se realice o repouso domiciliario a que debe tomarse como referencia con respecto ao termo municipal da residencia da persoa funcionaria. Neste caso, se os días de repouso domiciliario son inferiores ao tempomáximo des- te permiso, este quedará limitado aos días do repouso domiciliario. 7. Se durante o gozo deste permiso sobrevén o falecemento do fami- liar, suspenderase o permiso que se viña gozando e iniciarase o cómputo dun novo permiso. Retribuído  Anexo V DIR Permiso para a realización de funcións Art. 5 sindicais, de formación sindical ou de representación do persoal O persoal funcionario ten dereito aos permisos necesarios para a realización de funcións sindicais, de formación sindical ou de representación do persoal nos termos legal ou regulamentariamente establecidos. Retribuído  Anexo V X.T. Permisos por traslado Art. 4 de domicilio 1. O persoal funcionario ten dereito a un permiso por traslado de domicilio dun día natural se o traslado ten lugar dentro damesma localidade e dous días naturais se implica cambio de residencia a outra localidade. 2.  Se a unidade familiar está integrada por dúas ou máis persoas, o permiso previsto neste apartado é de dous días naturais se ten lugar dentro da mesma localidade e de catro días naturais se implica cambio de residen- cia a outra localidade. 3. Para os efectos de aplicación deste permiso, entén- dese que existe traslado de domicilio cando este se produza no marco dunha prestación de servizos conti- nuada. Non se terá dereito a este permiso por traslado de domicilio derivado da adxudicación do primeiro destino como funcionario, interino ou substituto, ou de novo destino adxudicado por nomeamento, reso- lución de concurso de traslados, comisión de servizos, adscrición, destinos provisionais ou outras análogas. 4. O permiso enténdese referido ao día no que se produ- za o efectivo traslado de domicilio e, cando teña unha duración superior a un día natural, gozarase con carác- ter ininterrompido. Retribuído  Anexo V DIR Permiso para concorrer a exames finais, Art. 6 probas definitivas de aptitude e probas selectivas no ámbito do emprego público O persoal funcionario ten dereito a un permiso para concorrer a exames finais ou outras probas definitivas de aptitude, así como para concorrer a probas selectivas no ámbito do emprego público. No termo exames finais están incluídos tamén os parciais que sexan liberato- rios dunha parte do programa. Os exames finais ou probas de aptitude deberán estar convocados por centros oficiais. O permiso abranguerá todo o día no que se realicen as probas. Cando a inte- resada ou interesado tivese que desprazarse, o permiso ampliarase, se fose necesario, no tempo mínimo necesario para as viaxes de ida e volta. Cando o exame ou proba de aptitude teña lugar nun día non lectivo, non pro- cede a concesión do permiso, agás naqueles supostos nos que fose necesario efectuar o desprazamento en período lectivo Retribuído  Anexo IV DIR Orde 29/01/2016

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=