Permisos, Licenzas, reducións de xornada e excedencias

PERMISOS 4 - Fotocopia cotexada do libro de familia ou da inscrición no Rexistro Oficial de Parellas de Feito. Permiso por matrimonio Art. 11 ou unión de feito 1. Nos casos de matrimonio ou unión de feito, o persoal funcionario terá dereito a un permiso de quince días naturais ininterrompidos. 2. O permiso deberase gozar, con carácter xeral, en datas que com- prendan o día do feito causante ou inmediatamente despois. Excepcionalmente, e por causa motivada, poderase gozar noutras datas diferentes e sempre dentro do curso académico en que ten lugar o feito causante. 3. Este permiso concederase no caso de parellas de feito, inscritas no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia ou doutra comunidade autónoma. 4. Os conviventes que gocen deste permiso e que con posterioridade contraian matrimonio coa mesma persoa non terán dereito a gozar dun novo permiso por esta causa. Retribuído  Anexo IV X.T. Permiso por asuntos particulares Art. 15 Poderase dispoñer de ata catro días por curso académico, como máximo, de permiso para asuntos persoais sen xustificación, atendendo sempre ás necesidades do servizo, dos cales dous poderán ser en días lectivos. Retribuído  Anexo V DIR Permiso por matrimonio de Art. 12 familiares de ata segundo grao de consanguinidade e primeiro de afinidade O persoal funcionario docente terá dereito a permiso o día da celebración do matrimonio dos seus familiares de ata segundo grao de consanguini- dade e primeiro de afinidade. Retribuído  Anexo V DIR Permisos para a formación Art. 16 militar dos reservistas voluntarios ou dos aspirantes a tal condición O persoal funcionario que teña a condición de reservista voluntario ou aspire a adquirir tal condición ten dereito aos permisos necesa- rios para a realización dos períodos de formación militar, básica e específica, e de formación continuada previstos na lexislación da carreira militar. Retribuído  Anexo IV X.T. - Documento médico que determine que o accidente ou a enfermidade é moi grave e a necesidade de coidados para atender á persoa enferma. - En función de quen sexa o suxeito que xere o dereito ao permiso: * Fotocopia cotexada do libro de familia ou da inscrición no Rexistro Oficial de Parellas de Feito ou * Xustificación documental acreditativa de que non existen superviventes de primeiro grao ou están incapacitados para atender o seu coidado ou da con- vivencia cando excepcionalmente xere o dereito un familiar en segundo grao. Permisos por accidente Art. 13 ou enfermidades moi graves 1. Nos supostos de accidente ou enfermidade moi grave do cónxuxe, parella de feito ou dun familiar dentro do primeiro grao de consanguinidade ou afinidade, o persoal funciona- rio docente terá dereito a un permiso retribuído para aten- der ao coidado desas persoas, cunha duración máxima de trinta días naturais. Excepcionalmente, poderá gozar deste permiso un fami- liar en segundo grao cando non existan superviventes de primeiro grao ou estean incapacitados para atender o seu coidado ou se trate de persoas conviventes. 2. Cada accidente ou enfermidade xerará un único permiso que, dentro da duración máxima de trinta días, se pode empregar de maneira separada ou acumulada. 3. Se houbesemáis dun titular deste dereito polomesmo feito causante, o tempo de gozo desta redución poderase ratear entre eles, respectando, en todo caso, o prazo máximo de trinta días naturais. 4. O permiso será concedido, logo de informe da inspección médica educativa que determine que o accidente ou a enfermidade é moi grave e a necesidade de coidados para atender á persoa enferma. Poderase solicitar con anterioridade á resolución informe da comisión autonómica de inspectores médicos de educación. 5.  A duración do permiso non poderá ser inferior a sete días naturais. Estes permisos que se concedan por tempo inferior aos trinta días naturais poderán ser prorrogados, logo de peti- ción do persoal interesado e do informe da inspecciónmédica educativa, sen que a súa duración acumulada poida exceder os trinta días naturais. 6. No caso de gozo do permiso de forma partida ou por máis dun titular, os períodos deste non poderán rematar un venres e reiniciarse o seguinte luns. 7. O permiso finalizará se variasen as circunstancias que deron lugar á súa concesión. Se a súa finalización implicase o inicio do gozo do permiso por falecemento, a substituta ou substituto continuará prestando servizos ata o remate deste último. Retribuído  Anexo IV X.T. - Documento xustificativo da necesidade de realización de tratamentos de fecundación asistida dentro da xornada laboral. - Fotocopia cotexada do libro de familia ou da inscrición no Rexistro oficial de parellas de feito (só no caso de que o cónxuxe ou parella de feito acompañe a persoa que xera o dereito). Permiso para a realización de Art. 10 tratamentos de fecundación asistida 1. O persoal funcionario docente ten dereito aos permisos retribuídos necesarios para a realización de tratamentos de fecundación asistida. A duración destes permisos limitarase ao tempo preciso para a prácti- ca dos devanditos tratamentos e a súa concesión condiciónase á xus- tificación previa da necesidade de realizar aqueles dentro da xornada de traballo. Se a necesidade de desprazamento para recibir o trata- mento o xustifica, a duración do permiso será de dous días hábiles. 2. O persoal funcionario ten o mesmo dereito e nas mesmas condicións para acompañar o seu cónxuxe ou parella de feito a tratamentos de fecundación asistida. Retribuído  Anexo V DIR Orde 29/01/2016

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=