Page 5 - Oposicions
P. 5
– A avaliación do persoal aspirante será efectuada pola citada comisión a
partir dos informes emitidos polo profesor-titor, a dirección do centro,
o persoal responsable das actividades de formación e, se é o caso, o
inspector ou inspectora responsable do centro e do informe presentado
polo propio aspirante.
– As prácticas cualificaranse como APTO (será nomeado como funcio-
nario de carreira a 1/9/2026) ou NON APTO (poderá repetir esta fase
UNHA ÚNICA vez no seguinte curso).
– O persoal aspirante seleccionado pola quenda libre e reserva de per-
soas con discapacidade deberá:
• Realizar un curso de formación da lingua galega de 20 horas.
• Realizar un curso de formación en igualdade e prevención e loita contra
a violencia de xénero.
• Participar nas xornadas formativas da administración educativa galega
que serán organizadas polo Servizo de Programas de Formación.
B. Persoal que NON SUPEROU O PROCESO SELECTIVO:
è COMPOSICIÓN DAS LISTAS DE INTERINOS
Accederán ás listas de interinidades e substitucións da especialidade á
que se presenten na convocatoria de oposicións de xuño de 2025, ademais
daquelas persoas que superen a primeira proba, as persoas aspirantes
que para cada especialidade posúan unha das titulacións que se rela-
cionan na Orde do 20 de novembro de 2019 (e posteriores modificación
desta) pola que se da publicidade ás titulacións que permiten a incorpo-
ración ás listas de aspirantes a desempeñar postos docentes en réxime
de interinidades e substitucións dos corpos de mestres, de profesores de
ensino secundario, de profesores técnicos de formación profesional e de
profesores de escolas oficiais de idiomas que imparten as ensinanzas
reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio.
ANPE | 5