Page 4 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 4
REMATE DO PROCESO SELECTIVO:
CONCURSO-OPOSICIÓN
A. Persoal que SUPEROU O PROCESO SELECTIVO
acadando praza:
Os tribunais exporán a relación de aspirantes que superaron o concur-
so-oposición na páxina web: http://www.edu.xunta.es/oposicions. Hai
dous días hábiles para reclamar contra posibles erros.
è SOLICITUDE DE DESTINOS (CADP)
Prazo de DOUS días hábiles contados dende o día seguinte ao da publicación
da lista de aprobados polos tribunais na aplicación www.edu.xunta.es/cadp.
è PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN
Cando se publique no DOG (a finais de agosto) a lista única de aprobados
por especialidade, disporás de 20 días hábiles dende o día seguinte da
publicación para presentar por medios electrónicos:
a) Certificado médico.
b) Declaración responsable.
c) Certificado de non ter antecedentes por delitos sexuais (agás ter
autorizado na instancia a consulta de datos do Rexistro Central de
delincuentes sexuais).
è FASE DE PRÁCTICAS
– A toma de posesión do funcionario en prácticas terá efectividade na
data que se determine na resolución pola que se publicita a adxudica-
ción de destino provisional para o curso 24-25.
– Duración 4 meses efectivos (agás causas xustificadas). Poderán apra-
zarse por causa xustificada a petición da persoa interesada á Inspec-
ción Educativa.
– Para a súa avaliación realizarase un informe-memoria final coa valora-
ción global da súa actividade, dificultades encontradas e apoios recibi-
dos, que lle será entregado ao remate da fase de prácticas á comisión
cualificadora. O centro educativo no que teñas destino recibirá as ins-
trucións a comenzos de curso.
4 | ANPE