Permisos, Licenzas, reducións de xornada e excedencias

EXCEDENCIAS 15 Suspensión de funcións Art. 180 1. O persoal funcionario declarado na situación de suspensión que- dará privado durante o tempo de permanencia nela do exercicio das súas funcións. Así mesmo, non poderá prestar servizos en nin- gunha Administración ou institución pública nin nos organismos, axencias ou entidades de dereito público vinculados ou dependen- tes delas durante ese período de tempo. 2. A suspensión de funcións pode ser provisional ou firme. 3. Pódese acordar a suspensión de funcións con carácter provisional do persoal funcionario, incluído o persoal funcionario interino, con ocasión da tramitación dun expediente disciplinario nos termos establecidos polo artigo 195, así como nos supostos de procesa- mento penal previstos no artigo seguinte. 4. A suspensión firme de funcións impoñerase ao persoal funcio- nario, incluído o persoal funcionario interino, en virtude dunha sentenza ditada en causa criminal ou en virtude de sanción dis- ciplinaria, así como nos supostos de condena penal previstos no artigo seguinte. O persoal funcionario declarado na situación de suspensión firme de funcións quedará privado durante o tempo de permanencia nela, ademais do exercicio das súas funcións, de todos os dereitos inherentes á súa condición. Suspensión de funcións por razón de procesamento ou condena penal Art. 181 1. Cando na tramitación dun procedemento penal se acorde a prisión provisional ou outras medidas que determinen a imposibilidade de desempeñar o posto de traballo, o persoal funcionario, incluído o persoal funcionario interino, será declarado na situación de sus- pensión provisional de funcións por todo o tempo a que se estenda a prisión provisional ou as devanditas medidas. O persoal funcionario que se encontre no suposto previsto nesta alínea ten dereito a percibir durante o período de suspensión as retribucións básicas e, de ser o caso, as prestacións familiares por fillo a cargo, e manterá, en todo caso, o posto de traballo que ocu- pase con carácter definitivo. 2. Así mesmo, o persoal funcionario, incluído o persoal funcionario interino, que teña a condición de imputado nun procedemento penal no que non se acorde a prisión provisional nin outrasmedidas que determinen a imposibilidade de desempeñar o posto de traballo poderá ser declarado motivadamente na situación de suspensión provisional de funcións polo tempo durante o cal manteña a devan- dita condición, de así o xustificar a natureza dos feitos imputados. O persoal funcionario que se encontre no suposto previsto nesta alínea ten dereito a percibir durante o período de suspensión a totalidade das súas retribucións e manterá, en todo caso, o posto de traballo que ocupase con carácter definitivo. O tempo de sus- pensión será computable para os efectos de ascensos, trienios e dereitos no réxime de Seguridade Social que sexa aplicable. 3. Finalizado o procedemento penal con sentenza firme que impoña penas que non supoñan a inhabilitación ou suspensión de empre- go ou cargo público, pero determinen a imposibilidade de desem- peñar o posto de traballo, declararase a situación de suspensión firme de funcións ata o total cumprimento da condena, con perda do posto de traballo cando exceda seis meses. Reingreso ao servizo activo Art. 182 1. Se se revogar a prisión provisional ou as medidas que determinen a imposibilidade de desempeñar o posto de traballo, deberase acordar a inmediata reincorporación do persoal funcionario ao seu posto de traballo, salvo que resulte aplicable o previsto na alínea segunda ou na alínea terceira do artigo anterior. Procederase do mesmo xeito no suposto previsto na alínea segunda do devandito artigo cando se levante a imputación á persoa afectada. Se o procedemento penal rematar definitivamente sen atribu- ción de responsabilidade penal á persoa imputada, o tempo de duración da suspensión provisional computarase como de servi- zo activo, con recoñecemento de todos os dereitos económicos e demais que procedan desde a data de suspensión. 2. Finalizada a suspensión firme de funcións, o persoal funcionario de carreira está obrigado a solicitar o reingreso ao servizo activo no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao de finali- zación da devandita situación. O incumprimento desta obriga determinará a declaración na situación de excedencia por inte- rese particular. 3. O reingreso ao servizo activo do persoal funcionario de carreira que non teña reservado o posto de traballo que ocupase con carácter definitivo efectuarase mediante a participación nas convocatorias de concurso ou de libre designación para a provisión de postos de traballo. Así mesmo, o reingreso ao servizo activo poderá efectuarse por adscrición provisional a un posto de traballo, de acordo coas necesidades do servizo e sempre que se reúnan os requi- sitos exixidos para ocupar o posto, nos termos regulados polo artigo 97. Lei 4/2021 Lei 2/2015

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=