Permisos, Licenzas, reducións de xornada e excedencias

EXCEDENCIAS 14 Excedencia por razón Art. 177 bis de violencia terrorista De acordo coa lexislación básica estatal, o persoal funcionario que sufrise danos físicos ou psíquicos como consecuencia da activida- de terrorista, así como o ameazado nos termos do artigo 5 da Lei 29/2011, do 22 de setembro, de recoñecemento e protección inte- gral ás vítimas do terrorismo, contando co previo recoñecemento do Ministerio do Interior ou cunha sentenza xudicial firme, terá dereito a gozar dun período de excedencia nas mesmas condicións que as vítimas de violencia de xénero . A devandita excedencia será autorizada e mantida no tempo en tanto que resulte necesaria para a protección e asistencia social integral da persoa á que se concede, xa sexa por razón das secuelas provocadas pola acción terrorista, xa sexa pola ameaza á que se atopa sometida, nos termos previstos regulamentariamente. Engadido o artigo 177 bis polo número dezaoito do artigo 5 da Lei 4/2021, 28 xaneiro, de medidas fiscais e administrativas (DOG núm.19, do 29 de xaneiro de 2021). Vixencia: 30 xaneiro 2021. Reingreso ao Art. 178 servizo activo 1. Finalizada a causa que determinou a declaración dunha situa- ción de excedencia voluntaria das reguladas neste capítulo ou o prazo máximo de duración dela, o persoal funcionario de carreira está obrigado a solicitar o reingreso ao servizo activo no prazo dunmes, excepto no suposto previsto no artigo 176.9. Unha vez acordado o reingreso, está igualmente obrigado a tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, contado desde o día seguinte a aquel en que se lle notifique o reingreso. O incumprimento destas obrigacións determinará a declaración na situación de excedencia volun- taria por interese particular. 2. O reingreso ao servizo activo do persoal funcionario de carrei- ra que non teña reservado o posto de traballo efectuarase mediante a participación nas convocatorias de concurso ou de libre designación para a provisión de postos de traballo. 3. Así mesmo, o reingreso ao servizo activo poderá efectuarse por adscrición provisional a un posto de traballo, de acordo coas necesidades do servizo e sempre que se reúnan os requi- sitos exixidos para ocupar o posto, nos termos regulados polo artigo 97. Número 1 do artigo 178 redactado polo número dezasete do artigo 5 da Lei 4/2021, 28 xaneiro, demedidas fiscais e administrativas (DOG núm.19, do 29 de xaneiro de 2021). Situación de Art. 179 excedencia forzosa 1. O persoal funcionario de carreira será declarado de oficio na situación de excedencia forzosa cando, unha vez concluído o período de suspensión firme ou de suspensión provisional por condena a penas que non supoñan inhabilitación ou suspensión de emprego ou cargo público, pero determinen a imposibili- dade de desempeñar o posto de traballo, solicite o reingreso ao servizo activo nos termos e prazos que se establecen nesta lei e non o poida obter por falta de posto vacante con dotación orzamentaria. 2. O persoal funcionario de carreira que se atope na situación de excedencia forzosa ten dereito a percibir as retribucións básicas e, de ser o caso, as prestacións familiares por fillo a cargo, así como ao cómputo do tempo que permaneza nela para os efec- tos de trienios e dereitos no réxime da Seguridade Social que resulte aplicable. Se as retribucións básicas que corresponda percibir foren infe- riores ao salario mínimo interprofesional, complementaranse ata alcanzar a contía deste. 3. O persoal funcionario de carreira que se encontre na situación de excedencia forzosa está suxeito ás seguintes obrigas: a) Participar nos concursos convocados para postos adecuados ao seu corpo ou escala, solicitando estes postos. b) Aceptar os destinos adecuados ao seu corpo ou escala que se lle ofrezan. c) Participar nos cursos de formación a que sexa convocado. d) Non desempeñar postos de traballo no sector público baixo ningún tipo de relación funcionarial ou contractual, agás nos supostos excepcionais establecidos pola normativa sobre incompatibilidades e logo da correspondente autorización. 4  O incumprimento de calquera das obrigas establecidas na alínea anterior determinará a declaración da situación de excedencia voluntaria por interese particular ou, no caso previsto pola letra d), a declaración da situación que corresponda consonte o pre- visto polo artigo 174 desta lei. Lei 4/2021 Lei 2/2015

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=