Page 3 - Buzon de Alcance 221.indd
P. 3

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Centros e
            Recursos Humanos, pola que se dá publicidade ao texto refundido
            do Acordo do 20 de xuño de 1995, polo que se regulan o acceso e
            as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto
            dependente desta consellería que imparte ensinanzas distintas das
            universitarias.





         O 31 de marzo de 2023 as organizacións sindicais CC.OO, ANPE, UGT-SP ENSINO e
         CSIF-ENSINO asinaron unha addenda ao acordo do 20 de xuño de 1995. Na disposición
         final da addenda establécese que “para unha mellor comprensión do texto, autorízase á
         Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación,
         Formación Profesional e Universidades a publicar no Diario Oficial de Galicia, un texto
         refundido do Acordo do 20 de xuño de 1995 vixente”.
         En aplicación desta disposición final e do artigo 38 do texto refundido da Lei do Esta-
         tuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do
         30 de outubro, procede ordenar a publicación deste texto refundido no Diario Oficial
         de Galicia. En consecuencia,

         ACORDO:

         Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do texto refundido do
         Acordo do 20 de xuño de 1995, polo que se regulan o acceso e as condicións de tra-
         ballo do persoal docente interino e substituto dependente da Consellería de Cultura,
         Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia, que imparte
         ensinanzas distintas das universitarias, como anexo a esta resolución.
         Segundo. Queda derrogada a Resolución do 28 de xuño de 2017, da Dirección Xeral
         de Centros e Recursos Humanos, pola que se dá publicidade ao texto refundido do 20
         de xuño de 1995, polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal
         docente interino e substituto dependente desta consellería, que imparte ensinanzas
         distintas das universitarias.

         Santiago de Compostela, 2 de maio de 2023
         Jesús Manuel Álvarez Bértolo
         Director xeral de Centros e Recursos Humanos


                                                                     ANPE | 3
   1   2   3   4   5   6   7   8