Guía do funcionari@s en prácticas 2022-2023

DURACIÓN DO PERÍODO DE PRÁCTICAS A duración da fase de prácticas será de catro meses . A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos poderá flexi- bilizar este período por causas xustificadas (BAIXAS, EMBARAZOS…). Eses catro meses poden retrasarse do inicio normal sempre e cando ese período “alternativo” conteña en total eses catro meses e sexa durante este curso escolar. Desenvolvemento da fase de prácticas Ao centro terá que chegar unha carta , dirixida ao voso titor/a con indicacións expresas sobre como desenvolver estas prácticas, data de entrega da memoria, puntos que haberá que mencionar e documentos que deberá asinar o director/a e o titor/a que deben adxuntarse á dita memoria. ▶ Comisións deAvaliación. En cada departamento territorial constituirase unha comisión cualificadora integrada pola xefatura da inspección provincial, que exercerá a súa presidencia; dous/dúas inspectores/as de educación e dous/ dúas directores/as de centros, designados/as pola xefa ou xefe territorial. ▶ Titor/a . O exercicio da docencia durante a fase de prácticas desenvolverase baixo a titoría dunha persoa funcionaria de carreira do mesmo corpo, experimentada e preferentemente da especialidade correspondente, designada pola comisión cualificadora da provincia. ▶ Funcións do titor/a:     Asesorar, informar e avaliar ao funcionario en prácticas sobre:     – A organización e o funcionamento do centro e dos seus órganos de goberno, de participación e de coordi- nación didáctica.     – Sobre a programación didáctica da materia ou dos módulos profesionais, a programación de aula e a ava- liación dos alumnos.     Orientar en todo o que presente dificultade.     Emitir un informe final que remitirá á comisión cualificadora . ▶ Actividades de formación . Formando parte da fase de prácticas, o persoal aspirante seleccionado pola quenda de ingreso libre e reserva de persoas con discapacidade deberá realizar:     Un curso de formación de lingua galega de 20 horas de duración. Este curso, que será programado polo Servizo de Formación do Profesorado, consistirá nunha formación específica sobre a terminoloxía, os estilos, os aspectos sociolingüísticos e a linguaxe propia da especialidade que lle permita ao persoal funcionario en prácticas desen- volver correctamente en galego as súas funcións e tarefas.     Un curso de formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero para a obtención do nivel básico de coñecemento regulado no Decreto 70/2017, do 13 de xullo, polo que se regula a formación en igual- dade e prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia. ▶ Avaliación :     As persoas aspirantes elaborarán un informe-memoria final no cal farán unha valoración global da súa activi- dade, así como das dificultades encontradas e dos apoios recibidos. Este informe será entregado ao remate da fase de prácticas á comisión cualificadora.    Ao finalizar os catro meses das prácticas daranvos un tempo para que poidades realizar dita memoria, nor- malmente a data de entrega deste documento vén especificada na carta mencionada dirixida ao voso/a titor/a. (Adxuntámosvos un guión orientativo ).     A avaliación do persoal aspirante será efectuada pola comisión cualificadora a partir dos informes emitidos polo profesor-titor, a dirección do centro, o persoal responsable das actividades de formación e, se é o caso, o inspector ou inspectora responsable do centro, e do informe presentado polo propio aspirante. DOCENTES DO ENSINO PÚBLICO COMA TI.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=