Guía do funcionari@s en prácticas 2022-2023

DOCENTES DO ENSINO PÚBLICO COMA TI. TOMA DE POSESIÓN A toma de posesión como persoal funcionario en prácticas ten efectividade determinada na resolución pola que se publicou a adxudicación de destinos provisionais para o curso académico 2022/23: 01/09/2022 para todos os corpos. ENTREGA DE DOCUMENTACIÓN para a toma de posesión: No prazo de 20 días hábiles contados desde o día seguinte a aquel en que se fagan públicas as listas de persoas apro- badas no Diario Oficial de Galicia, o persoal aspirante aprobado deberá presentar por medios electrónicos e dirixido á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Univer- sidades os seguintes documentos: a) Certificado médico acreditativo de non padecer ningunha enfermidade nin estar afectado ou afectada por limita- ción física ou psíquica que sexa incompatible co exercicio da docencia. A persoa aspirante que fixese valer a súa condición de persoa con discapacidade deberá, se non o fixo anteriormente, presentar certificación dos órganos competentes da Consellería de Política Social que acredite tal condición, e tamén terá que presentar certificado dos citados órganos ou da Administración sanitaria, acreditativo da compatibilidade co desempeño das tarefas e funcións correspondentes. b) Declaración responsable de que non foron separados ou separadas, mediante expediente disciplinario, do servizo do corpo ao que se pretende ingresar en ningunha Administración pública e de non estar inhabilitados ou inhabilitadas para o exercicio de funcións públicas, conforme o modelo que figura como anexo IX da convocatoria, que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.    Igualmente, o persoal aspirante que non posúa a nacionalidade española deberá presentar declaración responsable de non estar sometido a sanción disciplinaria ou condena penal que impida no seu Estado o acceso á función pública, segundo o mesmo modelo do anexo IX, que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. c) Certificado de non ter antecedentes por delitos sexuais, só no caso de denegar expresamente a consulta de datos do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais. ASPECTOS MÁIS RELEVANTES QUE DEBES TER EN CONTA Os seleccionados no concurso-oposición teñen, para a Administración, a consideración de funcionarios/as en prácticas; é importante que teñades en conta as seguintes puntualizacións. Neste curso 2022-23 o regulamento desta fase está reglamentado na Orde do 28 de xaneiro de 2022 pola que se con- vocan procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación, ao corpo de profesores de ensino secundario, e ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de artes plásticas e deseño e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia. CADP : O persoal aspirante que supere o procedemento selectivo deberá efectuar a solicitude no prazo de dous días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da lista de aprobados polos tribunais cualificadores no centro onde se realizaron as probas e na páxinaweb da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. EN PRIMEIRO LUGAR QUEREMOS FELICITARTE POLA SUPERACIÓN DO PROCEDEMENTO SELECTIVO

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=